Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • Cubela: “O secuestro do libro de Miguel Boo é unha nova mostra do sectarismo do Bipartito da Deputación provincial”

    • Esixe unha explicación, e que traten o libro en igualdade de condicións que o resto de publicacións da institución.
    • “É un escándalo, levan seis anos retendo un libro porque non lles gusta o seu contido. Un atentado contra a liberdade de expresión e de cátedra”, engade.

     

    01, xullo, 2021. O voceiro do grupo provincial do Partido Popular, Jorge Cubela, esixe explicacións “reais” do acontecido na Deputación de Pontevedra co secuestro do libro “La mala prensa del eucalipto”, de Miguel Boo. Para o popular “esta acusación do autor do libro é un escándalo maiúsculo do Goberno provincial, e un exemplo máis do seu sectarismo”.

    Así, di que “cando se retén un libro durante seis anos porque non lles gusta o seu contido, é un atentado moi grave contra a liberdade de expresión e de cátedra”. Por iso entende que o BNG, como responsable do departamento de Cultura, debe dar unha resposta urxente, “pero a situación tamén require dunha aclaración por parte da presidenta, Carmela Silva. Queremos saber si é cómplice do secuestro deste libro e que medidas van tomar”. Desde o PP piden que traten este libro en Igualdade de condicións que o resto das publicacións da institución provincial, ás que se lle organiza unha presentación, se inclúe no catálogo e se distribúe.

    Ademais, Cubela quere saber si hai máis libros nesta mesma situación, aos que se negan a divulgar porque consideran que van en contra da súa liña ideolóxica. “Están demostrando ata que punto queren controlar a Deputación de Pontevedra”.