Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • Pilar Rojo critica que o Delegado do Goberno non aportase nada novo sobre a Circunvalación na súa visita a Pontevedra

    • Recorda que seguen sen aclarar cal vai ser o proxecto definitivo e si van ter en conta as modificacións plantexadas polos veciños, que esixen un cambio de trazado para diminuír o impacto da estrada na zona e sobre as vivendas.
    • “Non hai avances, seguimos sen coñecer o trazado final e aínda non se sabe cando finalizará a obra”, engade.

    26, xuño, 21.- A senadora do PP por Pontevedra, Pilar Rojo, critica que o Delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, non aportase nada novo sobre a Circunvalación de Pontevedra na súa visita á cidade esta semana. “Desde hai meses seguen ofrecendo a mesma resposta unha e outra vez. Non hai avances, seguimos sen coñecer o trazado final, non responderon as alegacións dos veciños e aínda non se sabe cando finalizará a obra”, sinala.

    Rojo explica que esta foi exactamente a mesma resposta que recibiu á pregunta que formulou hai un mes no Senado para interesarse polo retraso das obras. “Fixo unha reprodución exacta da resposta que o Partido Popular recibiu do Goberno, pero seguen sen responder ás cuestións fundamentais que interesan aos veciños”, que queren que se aclare si se van ter en conta as modificacións que plantexaron sobre o trazado para diminuír o impacto da estrada na zona e sobre as vivendas.

    Ademais, a senadora ironiza con digan que as obras van a un ritmo moi alto cando, segundo a propia resposta do Goberno, o único tramo en execución está ao 58%, o tramo Ermida-Pilarteiros está en redacción e tramitación ambiental, e Pilarteiros-Barro e a conexión coa AP-9 en Curro conta co estudo informativo aprobado. “Nin hai ritmo alto nin hai impulso á circunvalación de Pontevedra, a realidade amósanos que teñen este proxecto estancado”.