Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP salienta os “grandes logros acadados” na sanidade viguesa nos últimos anos

    O conselleiro de Sanidade e membro da candidatura, Jesús Vázquez Almuiña, acompañado polos candidatos vigueses, mantén un encontro con distintos colectivos sanitarios

    • Vázquez Almuiña destaca a maior accesibilidade do sistema desde atención primaria e os mellores servizos en especializado, tanto no Álvaro Cunqueiro como no Nicolás Peña e o Meixoeiro
    • Subliña que o Álvaro Cunqueiro foi unha “aposta decidida por colocar a Vigo na vangarda sanitaria”, dando resposta á necesidade de modernizar e integrar a atención

     

    Vigo, 22 de setembro de 2016.- O conselleiro de Sanidade e membro da candidatura, Jesús Vázquez Almuiña, mantivo nas últimas horas un encontro sectorial en Vigo, no Liceo de Bouzas, con profesionais da área sanitaria de Vigo, co obxectivo de trasladarlles os logros alcanzados e escoitar as súas inquietudes e propostas. Acompañado dos candidatos vigueses -Teresa Egerique, Ignacio López-Chaves, Javier Dorado, Marián García e Marta Fernández Tapias-, da portavoz popular no Concello, Elena Muñoz, e doutros cargos públicos do partido, o titular da carteira sanitaria do goberno autonómico salientou “os grandes logros acadados” na sanidade.

    Durante o acto, no que participaron máis dun centenar de persoas entre os que se atopaban representantes dos distintos centros médicos da cidade e de diferentes asociacións como Afibropo -Asociación de Fibromialxia e Síndrome de Fatiga Crónica da provincia de Pontevedra-, Vázquez Almuiña resaltou a importancia do Hospital Público Álvaro Cunqueiro na consecución no novo complexo hospitalario de Vigo, e avogou por seguir a traballar para consolidar os cambios estruturais acometidos.

    “Temos acometido unha reestruturación global de toda a área, xa que entendíamos que necesitaba unha mellora tanto en primario como en especializada”, puntualizou.

    Estas melloras, que foron desglosadas por Vázquez Almuiña durante a súa intervención, focalízanse nunha maior accesibilidade ao sistema desde atención primaria, e nuns mellores servizos en especializada, tanto no Álvaro Cunqueiro como no Nicolás Peña e no Meixoeiro.

    Neste marco, o conselleiro sinalou que o Álvaro Cunqueiro foi unha “aposta decidida por colocar a Vigo na vangarda sanitaria”, dando resposta á necesidade de modernizar e integrar a atención, e substituír o Hospital Xeral, que con 60 anos carecía do espazo e da funcionalidade necesaria. Non en balde, o novo hospital multiplica por cinco a superficie da antiga infraestrutura.

    Deste xeito, resaltou, se “mellora a calidade asistencial” convertendo á Área Sanitaria de Vigo nunha área cirúrxica de primeiro nivel; que dispón da UCI´s máis punteiras de Galicia; e conta con tecnoloxía de última xeración para o diagnóstico e os tratamentos.