Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Alfonso Rueda sinala que a xente merece saber que presidente e que proxecto vai votar o domingo

    • Critica que se presenten todos contra Feijóo e sexan incapaces de explicarlle aos cidadáns un proxecto conxunto.
    • Salienta que o obxectivo do PP é buscar unha excepción de estabilidade para evitar o bloqueo e a división, para no perder nin un minuto e continuar avanzando.

     

    O Porriño, 21 de setembro de 2016.- O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Alfonso Rueda, salientou que só as persoas que van votar ao PP o domingo saben con certeza que presidente e que proxectos están votando, e critica que o resto de forzas se presentan todos contra Feijóo, pero non se poñen de acordo para aclarar cal deles vai ser o presidente e cal deles vai renunciar ao seu programa.

    Foi durante a súa intervención no mitin desta noite no Porriño, no que tamén participou o vicesecretario de Comunicación do PP, Pablo Casado, e o presidente local da xestora, Carlos Martínez Nogueira. Alfonso Rueda defendeu que a xente merece saber con total claridade que vai votar o domingo, porque nestas eleccións se confrontan dous modelos, o do Partido Popular, que dá estabilidade e ofrece un futuro para Galicia, e unha pequena ensalada de partidos que non se poñen de acordo en practicamente nada, e menos aínda se teñen que gobernar xuntos.

    O presidente provincial salientou que o obxectivo do PP é moito máis que unha vitoria dun partido e unha derrota doutros, o que buscan é unha excepción de estabilidade para evitar o bloqueo e a división, para non perder nin un minuto e seguir avanzando unidos e con responsabilidade. Alfonso Rueda recordou que en 2009, cando peor estaban as cousas, os cidadáns confiaron en Feijóo, e agora que están mellorando é importante non volver ao modelo fracasado do bipartito, e multiplicado por catro ou cinco.

    En definitiva, dixo, o que defende o PP é que Galicia avance, unha política que constrúa e non quede nas descualificacións ou liortas que se poden ver dentro do PSdeG, en Marea ou en Podemos; e obxectivos comúns para que os galegos poidan saír gañando.

    O presidente provincial insistiu en que o 25 de setembro non se pode dar nada por feito, e que a proba real está nas urnas. “É moi difícil, algo excepcional, pero posible se todos traballamos”.