Vigo, 21 de setembro de 2016.- O presidente provincial do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, e o vicepresidente de Comunicación do PP, Pablo Casado, reuníronse esta tarde con emprendedores e autónomos da cidade de Vigo. O encontro serviu para avaliar medidas e propostas para impulsar o emprendemento, pero tamén para confirmar que os populares seguirán traballando como ata o de agora para apoialos.
Alfonso Rueda avanzou que o emprendemente seguirá sendo unha das claves da estratexia do PP nos próximos anos, e proba disto é que o programa electoral está volcado no apoio aos autónomos. Ademais, entre o balance dos últimos anos destacou a elaboración da Lei do Emprendemento, que trouxo consigo a eliminación con carácter xeral da licencia previa e un total de cinco deducións fiscais.
Pola súa parte, Pablo Casado salientou que Feijóo Feijóo é a mellor garantía de progreso para os emprendedores, e que a súa boa xestión ten permitido investir o remanente en materias tan importantes como o emprendemento e as axudas aos máis mozos. Fronte a isto, Casado subliñou que a alternativa "é un lío" con partidos enfrontados.
Así mesmo, Casado explicou que Feijóo é o mellor candidato e un referente para o Partido Popular ,"un partido engrasado e que ofrece unidade".