Vilagarcía, 20 de setembro de 2016.- O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Alfonso Rueda, reiterou esta tarde o apoio do PP á labor das asociacións de loita contra a droga, e salientou a importante colaboración da Xunta desde o ano 2009 coa Fundación Galega contra o Narcotráfico.
O presidente provincial e candidato popular mantivo esta tarde unha reunión con directivos e representantes da fundación, e amosou o seu agradecemento a todas as persoas que desinteresadamente forman parte da fundación. Alfonso Rueda destacou, ademais, que a droga segue sendo “un problema importante que require da axuda de todas as administracións”. Ademais da consellería de Presidencia, que é a que outorga a axuda á Fundación, tamén outros departamentos autonómicos, como Sanidade ou Política Social, manteñen o seu apoio á loita contra o droga, tanto en prevención como na disuasión.
Nesta liña, recordou que o goberno dos populares outorgou á Fundación unha axuda de case 150.000 euros para garantir o mantemento da liña de atención 900 de prevención da drogadicción e do tráfico de drogas, e salientou que, ademais, colaboran na elaboración de estatísticas e informes que axuden ao desenvolvemento das actuacións de carácter preventivo, así como a informar e divulgar sobre os efectos negativos das drogas.
Alfonso Rueda tamén puxo en valor o convenio que asinaron hai un ano, e que permitiu poñer en marcha unha iniciativa pioneira en España para mellorar e axilizar a xestión dos bens incautados ao narcotráfico. “Conseguiuse axilizar a súa venta, para que o produto reverta en todos os afectados polas drogas. É dicir, que os que se enriquecen co narcotráfico, cando son condenados, non poidan aproveitar eses cartos”.