Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • O PARTIDO POPULAR DE SILLEDA ESIXE QUE SE INICIEN DE INMEDIATO OS TRABALLOS DE REPARACIÓN DAS PISTAS

     

    Silleda, 3 de maio de 2021.- Case un mes despois de denunciar que os traballos de arranxo de pistas previstos para o ano 2020 segúian sen executar, o Partido Popular de Silleda voltou a esixirlle o Concello que inicie de inmediato a execución dos traballos de reparación das pistas do Camiño do Foxo, en Cimadevila (también en Escuadro), O Marco (en Siador); Maril (en Fiestras), O Ribeirao (Negreiros) e os tramos de Vilaverde-Medelo e A Moa, ambos en Manduas.

    Os populares voltaron a denunciar o estado no que se encontran estas pistas dende fai anos, e que viron agravada a situación nos últimos meses. ”A situación na que estan a maior parte das pistas do noso concello, e lamentable, e algunhas como éstas están totalmente intransitables. Dende o Partido Popular non podemos mirar para outro lado como fai o goberno do señor Cuíña, e non vamos consentir que mentras eles estan pensando nas súas cousas e nos seus negocios, os veciños sigan padecendo esta situación e incluso sufrindo moitos deles danos materias nos seus vehículos.”

    Dende o Partido Popular voltaron a recordar o retraso que ven acumulando a execución destes traballos o que pon de manifesto como esta traballando este goberno. “Tardaron en anunciar o que ían facer 6 meses, despois tardaron 6 meses en empezar a licitación dos traballos, e en 6 meses foron incapaces de empezar a executalos, e así levamoa case ano e medio. Esta e a realidade do goberno do PSOE, hai concelleiros con sueldo que nin siquiera pasan polo Concello, e a vista estan os resultados, non dan un pau a auga e a súa xestión e nefasta.”.

    O voceiro do Partido Popular, Ignacio Maril, denuncio unha vez máis esta paralise na que esta sumida o Concello nos últimos tempos por culpa da actitude do Alcalde e parte dos Concelleiros “Xa o denunciamos no último pleno, hai concelleiros que estan cobrando soldo do Concello e sen embargo os non son capaces de iniciar a tramitación de contratacións que saben dende fai catro anos que van caducar, ou obras nas que e fundamental rematalas canto antes e tardan case un mes en tráelas o pleno. Esta claro que os seus intereses son outros os do Concello pero e vergoñento o que lle estan facendo os veciños de Silleda. Si non queren traballar por Silleda que marchen pero que non lle fagan esto os veciños Teñen que iniciar os traballos e teñen que facelo xa, e mentras non o fagan no imos calar.”

    O Partido Popular achaca esta situación a deixadez do goberno municipal e a súa nefasta xestión, “Non fan absolutamente nada".