Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • Alfonso Rueda critica que o resto de partidos non recoñeza que queren reeditar o bipartito pero multiplicado por catro

    • Recorda que os demais non teñen outra guía nin outro programa máis que botar a Feijóo, polo que ao PP só lle vale a maioría absoluta.

     

    Vilaboa, 19 de setembro de 2016.- O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Alfonso Rueda, criticou hoxe que o resto de partidos non recoñezan que o seu obxectivo o próximo 25 de setembro é reeditar o bipartito, pero multiplicado por catro. Nesta liña, recordou que ningún deles aspira a gañar, o que queren é que o PP non consiga os 38 deputados.

    Así, salientou que a alternativa ao PP é un todos contra Feijóo, e convidou a pensar en que pode supoñer un goberno de ata catro ou ata cinco partidos que se levan aínda peor do que se levaba o bipartito. Por iso animou a que o domingo non quede ninguén na casa, porque o reto da terceira maioría absoluta é algo excepcional e cada voto será importante. Recordou que as enquisas non dan gobernos, e o importante son os votos nas urnas. Alfonso Rueda recalcou que unha terceira maioría absoluta é algo excepcional

    Foi durante o mitin que hoxe se celebrou en Vilaboa, no que o presidente provincial estivo acompañado polo conselleiro de Facenda e candidato do Morrazo, Valeriano Martínez e pola presidenta local do partido, Beatriz Rosendo. Alfonso Rueda criticou que non teñan outra guía nin outro programa máis que botar a Feijóo. Nesta liña, incidiu en que un partido serio, que ten aspiracións de goberno, non pode ofrecer como única proposta de futuro acabar co goberno dos populares.