Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • O PP DENUNCIA O ESTADO DA RÚA RÍO MIÑO, NA CAEIRA, CON 6 ROTURAS DAS TUBERÍAS EN MENOS DE 2 ANOS

    • A última rotura produciuse este xoves, causando de novo importantes danos, e apenas catro meses despois da anterior.
    • Rocío Cochón solicita ao Tripartito a substitución de toda a tubaxe da zona en mal estado: “A solución, como en tantos lugares de Poio, non consiste en poñer remendos”

     

    Poio, 30 abril 2021. O Grupo Municipal do PP trasladará esta semana á Comisión Informativa de Urbanismo os problemas que sofren os veciños da Rúa Río Miño, na Caeira, con seis roturas de tuberías en menos de 2 anos, que provocaron danos nas vivendas, asulagamentos nos baixos e garaxes e todo tipo de trastornos.

    O último incidente produciuse hoxe venres, cando unha nova rotura volveu provocar danos nas vivendas da rúa. Os veciños denuncian que esta nova avería prodúcese só catro meses despois da anterior.

    Tras reunirse con algunhas familias afectadas, a concelleira do PP, Rocío Cochón, recordou que “en decembro xa pedimos en comisión que se atendese de forma definitiva a problemática desta rúa, pero seguimos cos parches e no nadal anegouse unha vivenda e hoxe volveu romper o arreglo que fixeron ese día”, polo que anunciou que van solicitar ao Tripartito a substitución de todas as tubaxes en mal estado: “A solución, como en tantos lugares de Poio, non consiste en poñer remendos”

    Cochón lamentou o abandono o abandono dun Tripartito que sube os impostos, pide préstamos pero é incapaz de dar e manter uns servizos básicos en moitísimos lugares de Poio: “Os servizos básicos é o primeiro que debemos garantir aos nosos veciños e por desgraza despois de 26 anos do BNG moitos lugares do Concello teñen unhas carencias que non son propias do século XXI”.