Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP acusa á alcaldesa do Porriño de denegar “á desesperada” un pleno extraordinario para “intentar tapar a corrupción do Goberno local”

    • Alejandro Lorenzo entende que “é unha nova estratexia á deriva” da socialista, coa complicidade do seu socio de Goberno, “para xustificar que nega por quinta vez a celebración dunha sesión reclamada pola oposición”.
    • A Lei Reguladora de Base de Réxime Local non prevé que a alcaldesa poida denegar a convocatoria, é o secretario da Corporación quen ten a obriga de efectuar a notificación.
    • Unha sentenza do Tribunal Supremo do 12 de febreiro de 1990 sinala que as dúbidas que poida ofrecer a identidade dos asinantes non pode servir de base para denegar a convocatoria da sesión.

     

    15, abril, 21.- O Partido Popular do Porriño acusa á alcaldesa, a socialista Eva García de La Torre, de denegar “á desesperada” un pleno extraordinario “solicitado de xeito legal e coas sinaturas precisas”, para “intentar tapar a corrupción do Goberno local”.

    O voceiro do PP, Alejandro Lorenzo, di que a socialista “está rexeitando o pleno para intentar acelerar pagos irregulares e sen fiscalización”, e impedir que os concelleiros populares defendan o interese xeral e o patrimonio municipal. “A alcaldesa está usando a típica denegación á que recorren moitos alcaldes para intentar retrasar as mocións de censura, alegando que hai garabatos e non firmas e así seguir escapando da grave corrupción que hai na contratación neste concello”, engade.

    Por iso entende que é unha “nova estratexia á deriva” da socialista, “coa complicidade do seu socio de Goberno, “para xustificar que nega por quinta vez a celebración dunha sesión extraordinaria reclamada polo grupo maioritario na corporación”. Nesta liña, Lorenzo explica que non é a alcaldesa a que ten que convocar eses plenos, senón que é obriga do Secretario da corporación de xeito automático, segundo indica a Lei Reguladora de Bases de Réxime Local. Ademais, hai tamén unha sentenza do Tribunal Supremo do 12 de febreiro de 1990 que sinala que as dúbidas que poida ofrecer a identidade dos asinantes non pode servir de base para denegar a convocatoria da sesión.

    Con todo, o popular recorda que a alcaldesa “céntranse en falar de garabatos pero non din nada do contido do pleno”. Así, a intención dos populares coa convocatoria deste pleno extraordinario era falar das reclamacións sobre facturacións, sen contrato algún, fraccionada e manipulada, sobre servizos de actos culturais e de festas pendentes de pago por importe de 200.000 euros e feitas a dedo, facturas que ningún funcionario municipal conforma e que, a pesar diso, a alcaldesa certifica que os servizos foron realizados.

    Tamén se incluían os incumprimentos de contratos de diferentes alugueres, que suporán ao Concello do Porriño costas e intereses, “omitindo unha vez máis a alcaldesa as súas funcións e a sabendas dos incumprimentos”.

    Ademais, co rexeitamento deste pleno, o PP considera que a alcaldesa non quere que se modifique a base 18 do orzamento municipal, “xa que é a base que lle permite que, habendo partida orzamentaria, pode levantar os reparos do servizo de facturación e, deste xeito, leva pagados xa 12 millóns de euros co reparo de intervención”.

    A maiores, “tampouco quere que se revisen as nóminas da alcaldesa, xa que a pesar das súas ausencias por enfermidade continúa cobrando o 100% da nómina mensual, nada que ver co que lle ocorre ao resto de cidadáns”.

    Por último, a solicitude do PP tamén reclamaba que se revisasen de oficio as facturas dunha empresa cántabra, “contratada a dedo pola alcaldesa”, e que facturou máis de 3 millóns de euros en dous anos despois de que a propia empresa asegurase que ese prezo foi consensuado coa Alcaldía.