Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • Alfonso Rueda: “o obxectivo do PP é gañar, e dos demais intentar pararnos na carreira”

    • Recorda que as urnas son a única enquisa que dá gobernos, mentres que o exceso de confianza fai perder eleccións.

     

    Portas, 18 de setembro de 2016.- O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Alfonso Rueda, recordou que non hai que fiarse das enquisas, como xa se demostrou moitas veces. Por iso, apuntou que a única enquisa que dá gobernos son os votos que entren nas urnas o 25 de setembro, mentres que o triunfalismo e o exceso de confianza fan perder eleccións.

    Foi durante o mitin que se celebrou este mediodía con afiliados e simpatizantes do PP en Portas, e no que tamén participaron o presidente do PPdeG e candidato á Xunta, Alberto Núñez Feijóo, así como o alcalde e presidente local, Víctor Estévez, e a candidata de Portas, Maribel Novo. O presidente provincial subliñou que o único que din de certo as enquisas é que a maioría absoluta do PP é posible, pero tamén que  non hai que dar nada por feito. “O obxectivo de PP é gañar, e dos demais intentar parar ao Partido Popular na carreira”, dixo.

    Alfonso Rueda convidou a todos os asistentes a ser conscientes do moito que se xoga o próximo domingo, porque se pode traer para Galicia o bloqueo que hai en España, e a única garantía para evitalo é unha vitoria clara e contundente dos populares. “Depende de nós que Galicia siga sendo unha excepción, aquí pode haber estabilidade, crecemento e un goberno centrado soamente  no benestar dos galegos”.

    O presidente provincial referiuse á visita de Pedro Sánchez esta mañá a Vilagarcía de Arousa. “É o home do non, e agora está intentando levar ao PSOE de Galicia aos seus peores resultados da súa historia, como xa fixo en España”. Ademais, recordou que o único claro que hoxe deixan as enquisas é que “o PP aspira a bater un récord por arriba, que é lograr unha terceira maioría absoluta cando xa ninguén cree que se poidan conseguir, mentres que o PSOE aspira a facelo por abaixo, cos seus peores resultados”.

    Alfonso Rueda recordou que hoxe en Galicia está baixando o paro, e é a segunda comunidade onde máis baixa, con 32 meses consecutivos, pero tamén que é unha das dúas comunidades onde hai máis investimento público para facer obras que crean emprego, e onde máis industrias, de fóra e potentes, invisten. “Estamos indo cara arriba, estamos crecendo, e podemos perder un goberno que dá estabilidade por uns poucos votos para obter 38 deputados, porque en España parece que se non se gaña por maioría absoluta non se pode gobernar”, engadiu.

    Ademais, salientou que estes anos gobernouse con 2.000 millóns de euros anuais menos que cando estaba o bipartito, e aínda así se mantivo o fundamental, aumentaron as prazas de gardería, as axudas á dependencia, se eliminou o impostos de sucesións, e xa non se paga cando se herda unha finca ou cando se quere permutar unha terra, as empresas elixen Galicia para asentarse e a sanidade pública galega é unha das mellores de España e, polo tanto, do mundo.