Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O tempo da a razón o PP de Poio en relación ás reclamacións derivadas da modificación da ordenanza das Plusvalías

    • O PP de Poio, a través do concelleiro Sergio Pereira, asegura que o tempo deulles a razón en relación coa modificación da ordenanza das Plusvalías toda vez que un veciño do municipio realizou alegacións a modificacións preguntando o criterio de por que se aplica esta bonificacións a soamente 6 meses e non a máis tempo.
    • «Desde o PP xa advertimos o día que se aprobou a modificación da ordenanza das Plusvalías que poderían existir queixas e reclamacións de veciños que non se benefician desta bonificación retroactiva por ser soamente con efectos retroactivo a 6 meses», explica Pereira.
    • «Como explica o goberno local que un veciño se poida beneficiar dunha bonificación e o mesmo tempo vai ser penalizado cunha recarga dun 20%?», pregunta Pereira.
    • «O máis triste é que o Tripartito sempre lle vota a culpa a alguén: neste casos segundo eles ten a culpa o ORAL é non é así xa que a culpa é exclusivamente da falta de previsión e da nefasta xestión do Concelleiro do BNG de Facenda Xulio Barreiro», afirma Pereira.

     

    06 de abril de 2020. O PP de Poio, a través do concelleiro Sergio Pereira, asegura que o tempo deulles a razón en relación coa modificación da ordenanza das Plusvalías toda vez que un veciño do municipio realizou alegacións a modificacións preguntando o criterio de por que se aplica esta bonificacións a soamente 6 meses e non a máis tempo.

    «Desde o PP xa advertimos o día que se aprobou a modificación da ordenanza das Plusvalías que poderían existir queixas e reclamacións de veciños que non se benefician desta bonificación retroactiva por ser soamente con efectos retroactivo a 6 meses», explica Pereira.

    «Desde o grupo popular por responsabilidade, no Pleno de xaneiro, votamos a favor da reforma da ordenanza para que algúns veciños puidesen acollerse a este novo prazo de presentación de bonificacións pero xa advertimos que era difícil de entender que soamente fose de 6 meses cando o propio Estado de Alarma xa dura un ano», explica Pereira.

    Os populares pregúntanlle ao Tripartito por que a un veciño que en febreiro estaba perimetrado en Poio e cunha incidencia acumulada de máis 2.000 casos no Concello non se lle aplica esta prórroga do prazo. Por que ata outubro e non ata marzo, por exemplo? Se seguiran un criterio derivado da COVID como din que fixeron tiveron que ampliar máis este prazo xa que aínda estamos en pleno Estado de Alarma.

    Ademais, os populares fan fincapé en que os veciños que se acollan a esta bonificación con efecto retroactivo terán que pagar recarga: «Como explica o goberno local que un veciño se poida beneficiar dunha bonificación e o mesmo tempo vai ser penalizado cunha recarga dun 20%?», pregunta Pereira.

    «O máis triste é que o Tripartito sempre lle vota a culpa a alguén: neste casos segundo eles ten a culpa o ORAL é non é así xa que a culpa é exclusivamente da falta de previsión e da nefasta xestión do Concelleiro do BNG de Facenda Xulio Barreiro», afirma Pereira.

    Os populares teñen claro que o que debería facer o Tripartito é suprimir as Plusvalías por ser un imposto inxusto e cuestionado pola xustiza: «A nosa proposta en relación as Plusvalías non mudou e é a supresión deste imposto que está levando a ruína a moitas familias de Poio con liquidacións polo simple feito de herdar de 1.000€, 6.000€ e ata 60.000€», conclúe Pereira.