Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • O PP DE SALCEDA DENUNCIA UN SALVAJE  CATASTRAZO, UNHA SUBA NA RECADACIÓN DO IBI DUN 100% PARA ESTE ANO.

     

    • Os populares salcedenses solicitan un pleno extraordinario para tomar medidas respecto á suba da urbana frente a pasividade de MS-Psoe.

      

    31 de marzo de 2021. Desde o pasado mes de febreiro, “o PP de Salceda non deixou de denunciar o CATASTRAZO que nos van impor á veciñanza de Salceda frente á pasividade do bigoberno MS-Psoe, que atacan co seu comportamento á economía das familias do noso municipio” según manifesta Joaquín Núñez Troncoso, concelleiro popular.

    Unha vez máis, “desde o Grupo Municipal Popular defendemos a veciñanza, porque no contexto sanitario de pandemia no que nos atopamos, con consecuencias catastróficas para as familias, un aumento na carga impositiva deste calibre mostra por parte das administración implicadas (Concello, Facenda-Catastro) unha falta de sensibilidade, alleos ás circunstacias extraordinarias que sofre a poboación. O modus operandi reflicte que o afán recaudatorio de ditas administración é maior que a defensa dos intereses lexítimos da veciñanza.” afirmou o voceiro popular, Santiago Rguez. Davila.

    Sen lugar a dúbidas, para o concelleiro Primitivo González Souto, “é o noso deber defender o interés xeral, polo que instamos a Alcaldesa e o Goberno Municipal para que tomen medidas e apoien as nosas propostas en prol de minimizar o impacto impositivo. Que éstes non se limiten a preveer no orzamento do ano 2021 un incremento de 800.000€ na recadación deste imposto”.

    Por todo isto, “os populares de Salceda solicitamos a convocatoria dun pleno de carácter extraordinario para minimizar ao máximo o impacto que vai ter este procedemento sobre os veciños, incluido a inclusión de dous puntos principais, por un lado, INSTAR ao ORAL a diferir as emisións das liquidacións correspondentes a retroactividade do pago do IBI en tres anos e non un por ano, é dicir, emitir a liquidación pendente do 2018 no 2021, a do 2019 no 2022 e a do 2020 no 2023, axundando considerablemente á veciñanza para evitar os xuros xerados pola necesidade do fraccionamento dos pagos e, por outro lado, iniciar o procedemento de modificación da Ordenza Fiscal nº21 Reguladora do IBI onde se contemple unha reducción do tipo impositivo actual, pasando do 0,50% actual o 0,40%” manifesta o voceiro Popular.

    Chegados a este punto, “é imprescindíbel e urxente traballar en beneficio da veciñanza de Salceda, momento de ser transparentes e non esconder ata o final este proceso como fixo o bigoberno MS-Psoe. Nen avisaron o Grupo maioritario da Corporación, nin sacaron ningún bando informativo, nin nas súas redes sociais, nin nas páxinas oficiais do Concello, nin colgaron (como lles gusta facer con outras motas cousas) unha pancarta na fachada do Concello…

    Rematan os tres Concelleiros, en nome d@s seis que conforman o Grupo Popular, “coma sempre, poñémonos a disposición dos salcedenses para informar, axudar e pelexar polos seus intereses”.

     

     

     

     

     

    Populares de Salceda de Caselas, Rúa Mártires de Sobredo s/n baixo  36470 –

    Contacto: 615 555 990  -  Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.