Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • Alfonso Rueda: “Segundo as enquisas, o PP aspira a bater récord por arriba e o PSOE a facelo por abaixo”

    • “Hoxe temos en Vilagarcía a Pedro Sánchez, encomiándose á súa patrona Santa Rita, que avoga polos imposibles e as causas perdidas”, sinala.

     

    Vilagarcía, 18 de setembro de 2016.- O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, salientou esta mañá en Vilagarcía que a pesar do que din as enquisas non hai nada decidido, xa que onde se gañan e perden gobernos son nas urnas o próximo 25 de setembro. Por iso animou a todos os asistentes a non confiarse, porque sería o peor que lle pode pasar ao Partido Popular. “É un todos contra Feijóo, e se nos confiamos xa sabemos o que nos espera”.

    Foi durante o mitin no que tamén participou o presidente do PPdeG e candidato á Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e ao que asistiu a presidenta do Congreso, Ana Pastor. Alfonso Rueda destacou que o único claro que hoxe deixan as enquisas é que “o PP aspira a bater un récord por arriba, que é lograr unha terceira maioría absoluta cando xa ninguén cree que se poidan conseguir, mentres que o PSOE aspira a facelo por abaixo, cos seus peores resultados”.

    O presidente provincial referiuse á visita de Pedro Sánchez esta mañá a Vilagarcía de Arousa. “É o home do non, e agora está intentando levar ao PSOE de Galicia aos seus peores resultados da súa historia, como xa fixo en España”. Por iso, asegurou, “despois percorrer toda España durante as súas vacacións e esquecerse de Galicia, hoxe o temos en Vilagarcía encomiándose á súa patroa, Santa Rita, que avoga polos imposibles e polas causas perdidas”.

    “Temos un reto, que é conseguir unha terceira maioría absoluta cando todo o mundo di que son difíciles”, apuntou, e recordou que queda unha semana de traballo, porque a alternativa se o PP non chega aos 38 deputados é un todos contra Feijóo. “Diso van estas eleccións, de gañar por maioría absoluta, porque se situaron todos en contra do PP”, subliñou. Neste senso, apuntou que “din que o PP está só, pero xa lles gustaría a eles a soidade que tivemos o outro día na Praza de Pontevedra”, poñendo en valor a demostración de unidade e de motivación do partido.