26, marzo, 2021.- O voceiro do Partido Popular de Silleda, Ignacio Maril, tomou posesión do seu cargo como deputado provincial do Grupo Popular polo Partido Xudicial de Lalín no pleno celebrado hoxe.
O popular substitúe a Luis López, recentemente nomeado delegado territorial da Xunta en Pontevedra.
Maril naceu en 1978 en Silleda. É licenciado en dereito, especilizado en fiscalidade internacional. Comezou a súa traxectoria política en 2015 como concelleiro en Silleda, e en 2017 foi elixido presidente da agrupación local.