Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • A campaña dos carteis do PP logra o acondicionamento do camiño do Outeiro

    • Ángel Moldes e Maritxe González retiran o cartel de “Zona Abandonada polos Tres Alcaldes” que, xunto á moción no pleno -rexeitada por BNG e PSOE-, múltiples rogos e preguntas, e a presión veciñal, fixo posible o arranxo do camiño usado polos alumnos do IES de Poio.

     

    17 de marzo de 2021. O voceiro do PP de Poio, Angel Moldes, e a concelleira Maritxe González retiraron esta mañá a sinalización de “Zona Abandonada polos Tres Alcaldes” do camiño do Outeiro, en Fontenla, despois de comprobar as obras de acondicionamento deste vial, moi utilizado polos alumnos do IES de Poio para ir e vir de clase.

    Con este xesto, dan por rematada a campaña neste camiño, despois de comprobar unha obra que se pediu en escritos de veciños e pais de alumnos, numerosos rogos en comisións e plenos, e mesmo unha moción presentada en agosto de 2020 e rexeitada cos votos dos concelleiros de BNG e PSOE e o voto de calidade de Luciano Sobral despois da abstención de Silvia Díaz, o que agudizou a indignación de veciños, pais e nais de alumnos, e outros usuarios.

    Ante a negativa do Tripartito, os populares designaron o camiño como “Zona Abandonada polos Tres Alcaldes”, con carteis e accións específicas que, en palabras de Moldes hoxe “por fin deron o seu resultado”.

    “Hoxe retiramos este cartel, como dixemos que faríamos cando se realizasen as obras e os alumnos do instituto puidesen ir a clase sen andar entre fochancas, pedras e lama”, destacou Moldes, que subliñou que “pese á resistencia de BNG e PSOE, agora este é un camiño máis seguro e máis digno grazas á presión dos veciños e ao traballo deste grupo municipal”

    “Damos por rematada a campaña neste camiño despois de conseguir esta obra”, destacou Moldes, “pero, lamentablemente, aínda quedan moitas zonas abandonadas polos Tres Alcaldes”.

    A concelleira Maritxe González, veciña da zona e nai dun exalumno do IES, tamén expresou a súa satisfacción recordando que durante anos o Concello “ignorou por completo as peticións dos pais que presentamos por rexistro, e curso tras curso obrigaron aos rapaces a ir a clase en condicións lamentables”, e celebrou que “a partir de agora os alumnos poden ir ao colexio con máis seguridade”.