Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP acusa a Costas, Deputación e Concello do Grove de querer branquear a súa responsabilidade con Adro Vello cunha comisión para a galería

    • Recordan que Costas é o propietario e o Concello do Grove, o xestor, polo que “é unha burla que o seu compromiso co xacemento sexa asesorar nos traballos e renovar o peche respectivamente”.

     

    08, marzo, 2021.- O grupo provincial do PP de Pontevedra acusa a Deputación, Concello do Grove e Costas de “inventar” unha comisión interadministrativa do xacemento arqueolóxico de Adro Vello “para botar balóns fóra e intentar branquear a súa responsabilidade respecto do abandono no que se atopa”. O voceiro popular, Jorge Cubela, recorda que o propietario de Adro Vello é Costas do Estado e o xestor o Concello do Grove, polo que “o que apremia é que se poñan de acordo entre eles”. O contrario, di Cubela, “é buscar comisións para a galería, que dan titulares pero non ofrecen solucións e decisións, que é o que precisa Adro Vello”.

    Para Cubela, os acordos tomados na comisión que se celebrou o venres entre as tres administracións demostran que “o único que querían era ter titulares, parecer que fan algo mentres Adro Vello continúa na mesma situación”. Así, considera que “parece unha burla que o propietario do castro se comprometa a asesorar nos traballos, ao igual que a Deputación de Pontevedra, que si actuou noutros moitos xacementos da provincia, ou que o concello, que é o xestor, se comprometa ao peche perimetral”. Nesta liña, pregunta “si esta vai ser toda a súa aportación para Adro Vello”.

    Cubela di que “é unha realidade que Adro Vello está abandonado, non hai máis que achegarse ata el para comprobalo, polo que o que falta é un compromiso serio e firme das dúas administracións competentes. Non se pode perder máis tempo con comisións inútiles”.

    Ademais, o popular recorda que “o alcalde está eludindo a súa responsabilidade de limpar o castro, e para tapar a súa ineficacia, fai o de sempre, que é culpar á Xunta de Galicia de todo o que pasa no Grove, aínda sen ser o responsable”. Nesta liña, propón que “esixa á Deputación de Pontevedra que actúe no Adro Vello coa mesma dilixencia que fai noutros castros da provincia, a través dun convenio asinado en 2015 co Ministerio de Fomento”.