Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • Alfonso Rueda defende que un goberno ten que ter criterio, dirección e programa

     

    • “Xa os coñecemos, son o bipartito multiplicado por catro. Antes eran dous e agora son catro e dentro deles, moitos máis”, sinala.
    • Recorda que cando Feijóo promete algo, se cumpre, e como exemplo puxo os investimentos realizados no Val Miñor.

     

    Nigrán, 16 de setembro de 2016.- O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, pediu a confianza para un candidato, Alberto Núñez Feijóo, que é o único capaz de garantir un goberno con criterio, cunha dirección e cun programa. Nesta liña, propuxo un goberno do PP que sexa resolutivo, e que non cree problemas de bloqueos nin divisións.

    Así se manifestou Alfonso Rueda durante o mitin do Val Miñor que se celebrou esta tarde en Nigrán, no que participaron o candidato e conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, e a presidenta da xestoral local do partido, María José Pino, e ao que tamén asistiu a presidenta do Congreso, Ana Pastor. O presidente provincial recordou que cando o PP pide a confianza dos cidadáns, é porque cumpre coas súas promesas, mentres que ninguén pode crer as promesas electorais do resto de partidos, porque primeiro terán que comprobar que non se contradín co resto de socios.

    Por iso, salientou, que o que ofrecen os populares é seguir avanzando. Apuntou que, agora que comeza a haber cartos e que as cousas comezan a ir un pouco mellor é momento de ir cara diante e non dar marcha atrás. “Xa os coñecemos, son o bipartito multiplicado por catro. Antes eran dous e agora son catro e dentro deles, moitos máis”, sinalou.

    O presidente provincial insistiu en que o 25 de setembro non se pode dar nada por feito, e que a proba real está nas urnas. “É moi difícil, algo excepcional, pero posible se todos traballamos”. Dixo que “hai que conseguir que un de cada dous votos sexa para o PP, así que é importante que ninguén se despiste”. Recordou que, si en lugar de ir un de cada dous, vai un de cada tres a votar ao PP, virá para Galicia o que temos en España. “Se nos din hai un ano que a estas altura íamos estar sen goberno e pensando nunhas terceiras eleccións, non o cremos. E aquí estamos, aquí están os que perderon dicindo que hai que seguir votando ata que lle convenzan os resultados”.

    INVESTIMENTOS NO VAL MIÑOR

    Durante a súa intervención, Alfonso Rueda puxo en valor os investimentos realizados nestes anos nos tres concellos do Val Miñor.  Apuntou, ademais, que a pesar de ter 2 mil millóns de euros menos ao ano do que tiña o bipartito, nesta comarca se investiron moitos cartos e se fixeron moitas cousas.

    Como exemplos, recordou que en Nigrán apostouse pola construción do Centro de Saúde de Panxón, obras de saneamento e abastecemento de auga, a creación do Punto Limpo, Porto do Molle, investimentos nos centros de ensino, ou o carril bici na PO-325. Pero tamén salientou os proxectos comarcais, como o Centro de Día de Sabarís, que é o primeiro mancomunado que forma parte do consorcio; os obradoiros de emprego, ou o Camiño Portugués pola costa.

    Ademais, tamén destacou a aprobación do plan sectorial que permite legalizar o polígono A Pasaxe, en Gondomar, o principal foco de emprego da comarca. Agora, salientou, o reto das empresas xa non é a súa regularización, agora se poden centrar nun reto maior que é o seu crecemento e expansión.