Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP presiona no Congreso para modificar a Lei de Cambio Climático que pon en risco a continuidade do sector mar-industria

    • “Quedan escasas semanas para que esta Lei, tal e como está redactada, teña unhas consecuencias terribles para esta comarca e para todo o litoral galego”, sinala Diego Gago.
    • Elena Suárez: “Este conflito xerado polo Goberno central deixa ben claro que o PSOE non entende a Galicia e, dende logo, non pensa no futuro do sector do mar galego”.
    • Os apartados 3 e 4 do artigo 18, cita dúas leis que nada teñen que ver coa Lei de Cambio Climático, “recollen unha discrecionalidade na renovación ou non de futuras instalacións situadas no espazo de dominio público marítimo-terrestre”.

     

    23, febreiro, 21.- O Partido Popular de Pontevedra amosa a súa preocupación polas consecuencias “graves” que vai ter para a provincia e para todo o litoral a aprobación da Lei de Cambio Climático, concretamente o artigo 18 e os apartados 3 e 4, que se está debatendo no Congreso. O deputado nacional e voceiro de Cambio Climático do GPP na cámara baixa, Diego Gago, explica que “levamos meses traballando no Congreso, con posicionamentos públicos pero tamén con moitas negociacións co Ministerio fóra de cámaras, moi preocupados pola tramitación desta Lei e polas repercusións xurídicas que vai ter en sectores clave da economía da provincia de Pontevedra e do resto da comunidade autónomo” e adianta que teñen por diante “semanas decisivas” para o futuro de máis de 5.000 instalacións galegas. “Estamos avanzando no proceso de análise e debate, e esgótase o tempo. Quedan escasas semanas para que esta Lei, tal e como está redactada, teña unhas consecuencias terribles para Galicia e para esta comarca”. 

    Os populares amósanse pesimistas, “porque os dous partidos de Goberno, PSOE e Podemos, están traballando para conseguir apoios para manter o articulado da Lei tal e como está redactado”, pero comprometéronse a “seguir presionando e trasladando a nosa preocupación ao Goberno central, para intentar facer ver ao Ministerio de Transición Ecolóxica e ao PSOE no Goberno central as consecuencias económicas que terá para industrias clave para a xeración de riqueza, emprego e para o PIB do litoral da nosa provincia”.

    Gago recordou que os apartados 3 e 4 do artigo 18, cita dúas leis que nada teñen que ver coa Lei de Cambio Climático, “e recollen unha discrecionalidade na renovación ou non de futuras instalacións situadas no espazo de dominio público marítimo-terrestre”.

    A deputada autonómica do Salnés, Elena Suárez, advirte de que centos de familias e milleiros de persoas na comarca dependen, directa ou indirectamente, do sector mar-industria. Por iso, considera que “este conflito xerado polo Goberno central deixa ben claro que o PSOE non entende a Galicia e, dende logo, non pensa no futuro do sector do mar galego”. A deputada popular di que “calquera cambio que se vaia afrontar no eido do Medio Ambiente e con repercusións lexislativas ten que ter en conta a singularidade da nosa terra e do noso mar. Non se pode lexislar de costas aos intereses da cidadanía”.

    Por último, Suárez defende que “o Salnés e Galicia teñen que preservar o seu mar e todo o que conleva, e todo ataque que se lance contra a morea de empresas e profesionais dese sector vai contar coa oposición clara e inequívoca do PP”.