Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Cubela: “A confrontación política da Deputación impide que hoxe falemos dun plan conxunto para repartir as axudas a autónomos, hostalería e pemes en marzo”

    • O popular recorda que a convocatoria do Goberno galego xa está publicada, e coa experiencia do plan anterior, en dúas semanas os afectados comezarán a cobrar as axudas, mentres que no caso da Deputación as escasas axudas tardarán varios meses en chegar.

     

    19, febreiro, 21.- O voceiro do grupo provincial do Partido Popular, Jorge Cubela, lamenta que hoxe non se estea falando dun plan conxunto da Xunta, da Deputación de Pontevedra e dos concellos da provincia para repartir axudas entre os sectores afectados pola pandemia porque o Goberno provincial antepuxo a confrontación política aos intereses dos autónomos, hostaleiros e pemes da provincia.

    Así, recorda que a convocatoria do Goberno galego xa está publicada, os afectados xa poden comezar a solicitar as axudas e, coa experiencia do plan anterior, en dúas semanas comezarán a cobralas, “mentres que no caso da Deputación de Pontevedra, as becas de 200 ou 300 euros non as recibirán ata dentro de varios meses”. Cubela recorda que os concellos que ata o de agora aprobaron axudas directas tardaron entre 5 e 7 meses en xestionar todo o proceso, desde a convocatoria das bases ata o reparto das axudas.

    Por iso, insiste en que a Deputación de Pontevedra apostou por un mal plan, “porque non atende ás reclamacións do propio sector, que reclamaba axilidade e simplicidade para acceder ás axudas, e a proposta do Goberno provincial é todo o contrario: bloquear aos concellos, 59 ventanillas e procedementos distintos e desigualdade no reparto das axudas, xa que a cantidade que van recibir cada afectado depende do concello onde estea ubicado porque o reparto da Deputación atende a criterios de poboación e non de negocios afectados”.

    Como exemplo, di que dous concellos coa mesma poboación como poden ser Lalín ou A Estrada, recibirán da Deputación a mesma cantidade para repartir entre os autónomos, pemes e hostaleiros, pero a axuda final que vai recibir cada afectado será menor en Lalín que A Estrada porque no primeiro caso o volume de negocios é moi superior.

    Ademais, para o popular, “trátase dunha axuda mínima, que non é proporcional á capacidade económica que ten a Deputación de Pontevedra, e que se aprobou porque despois de catro meses rexeitando dar axudas directas para autónomos, pemes e hostaleiros, quedou en evidencia que non era que non tiñan competencias, senón que non querían facelo”.