Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O Partido Popular critica que Luis Calvo rexeita aprobar axudas para os autónomos e pemes de Agolada

    • Seijas sinala que “é inexplicable a posición do Goberno local, é momento de deixar atrás as diferencias ideolóxicas e tomar medidas para que ninguén quede atrás”.
    • Di que o único responsable de presentar a Conta Xeral de 2019 “mal e fóra de prazo” é o alcalde.
    • Insiste en que o secretario-interventor do Concello de Agolada non está para asesorar en exclusiva ao Goberno local, senón que entre as súas función está a de informar e responder as dúbidas de toda a corporación.

     

    Agolada, 18 de febreiro de 2020.-  O Partido Popular de Agolada critica que o alcalde, Luis Calvo, volveu a rexeitar debater unha moción para reclamar ao Concello de Agolada axudas e apoio para os autónomos e pemes locais que están padecendo as consecuencias da pandemia sanitaria, social e económica. A voceira dos populares, Carmen Seijas, aclara que o PP rexistrou ata en dúas ocasións, para o pleno de novembro e o pleno desta mañá, unha moción que pedía, entre outros, bonificar o imposto de lixo e sumidoiros para os negocios afectados durante o tempo que estiveron pechados, axudas directas para sufragar gastos fixos; establecer bonificacións nas taxas de comunicación previa ou licencias para adaptación de locais á normativa COVID, etc.

    “Negar por dúas veces o seu debate en pleno é o mesmo que dicir non a estas axudas para os autónomos de Agolada, familias que están sufrindo as consecuencias económicas desta pandemia e que precisan do apoio urxente de todas as administracións para poder saír adiante”, defende Seijas.

    Nesta liña, di que “é inexplicable a posición do Goberno local, é momento de deixar atrás as diferencias ideolóxicas e tomar medidas para que ninguén quede atrás”.

    No que respecta á Conta Xeral de 2019, os populares votaron en contra polas “moitas deficiencias que presenta e porque é probable que non sexa aprobada polo Tribunal de Contas, o que sería un grave problema para o Concello de Agolada. “O que queremos é que o Tribunal de Contas non rexeite  a Conta Xeral de Agolada por deficiencias como falta da memoria explicativa do secretario, do informe favorable, algún certificado de contas bancarias... o que suporía perder subvencións e investimentos para o noso concello”.

    Ademais, recorda que o Goberno local tivo ata o 22 de xaneiro, despois de que se prorrogase o prazo inicial do 30 de outubro pola COVID, “e aínda así presentou a Conta Xeral mal e fóra de prazo, así que si se perde algún tipo de subvención o único responsable é o alcalde de Agolada por non facer os seus deberes”.

    Seijas di que despois de dous anos de goberno Calvo non pode seguir acusando ao PP de perder axudas doutras administracións, e recorda que acaba de perder 57.000 euros do Plan Marco 2019 porque non executou as obras en tempo.

    Por último, a popular aclara que o secretario-accidental é o secretario-interventor do Concello de Agolada e, polo tanto, non está só para atender e asesorar ao partido do goberno, senón que entre as súas funcións está a de informar e responder as dúbidas de toda a corporación municipal, na que está incluída o Partido Popular. “En ningún momento ameacei a ninguén, non é a miña forma de comportarme, só pido que se me permita exercer o meu dereito como representante dos veciños de Agolada, e que inclúe poder preguntar as dúbidas que poidan xurdir ao respecto dos expedientes e xestión municipal”, engade.

    “Si Luis Calvo considera que realizar o meu deber como concelleira é unha amenaza que non tolera, ó mellor é que o que non tolera é o concepto de democracia e en que consiste”. E, por iso, insiste en que “seguirá preguntando por escrito como así o vén facendo o PP”, e recorda que o 95% das que presentaron ata o de agora aínda están sen responder.