Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O Gran Montecelo, o compromiso irrenunciable do PPdeG

    Máis de 130 médicos e representantes do sector participaron hoxe no acto sectorial de Sanidade no que estiveron acompañados por Ana Pastor

    • O candidato e conselleiro de Sanidade, Vázquez Almuíña, manifestou que “é un proxecto cos pés na terra, froito dun amplo consenso”.
    • Na actualidade contamos con máis e mellores infraestruturas, e neste 2016, 7 de cada 10 galegos teñen un hospital público ou centro de saúde novo ou renovado.

     

    Pontevedra, 16 de setembro de 2016.- “O Gran Montecelo é xa un compromiso irrenunciable. A área sanitaria de Pontevedra ten e terá un gran protagonismo durante os vindeiros anos”. Con estas palabras o candidato pola provincia de Pontevedra e conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, certificou hoxe o compromiso firme de Alberto Núñez Feijóo e o PPdeG coa sanidade pública en Pontevedra.

    Máis de 130 médicos e profesionais do sector sanitario da provincia participaron este venres no acto sectorial sobre Sanidade organizado polo PP de Pontevedra e no que estiveron tamén presentes Ana Pastor e os candidatos da cidade, Guadalupe Murillo e Jacobo Moreira.

    Durante o encontro, Vázquez Almuíña lembrou que “a pesar das dificultades, logramos un alto nivel na calidade do noso sistema sanitario” e recalcou que “isto foi tamén gracias ao  esforzo e dedicación constante de todos os profesionais do sector”.

    “O Gran Montecelo é xa un proxecto cos pés na terra, froito dun amplo consenso. Agora queda seguir avanzando na definición do Plan Funcional para o que contamos coa colaboración dos profesionais do sector, é importante definir o futuro Gran Montecelo coa vosa colaboración”, salientou.

    Vázquez Almuíña lembrou que “hoxe os galegos valoran a Sanidade Pública máis que hai sete anos e máis que no conxunto de España”. Na actualidade contamos con máis e mellores infraestruturas, e neste 2016, 7 de cada 10 galegos teñen un hospital público ou centro de saúde novo ou renovado. Concretamente, en Galicia temos 31 centros de saúde xa rematados, dous en fase de construción e 9 renovados.

    Pola súa parte, o presidente local do PP de Pontevedra e candidato, Jacobo Moreira, destacou “o compromiso de Feijóo coa área sanitaria de Pontevedra e a dedicación e esforzo do conselleiro, Jesús Vázquez Almuíña, pola súa contribución a desbloquear a situación que estabamos a vivir. Isto avanza e seguirá avanzando”.