Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Cubela: “Deixade de marear e decidide dunha vez por todas si queredes axudar ou non aos autónomos e hostaleiros da provincia”

     

    • O voceiro do grupo provincial, defendeu hoxe que “a actual situación require o esforzo de todos. Este virus non entende de ideoloxías, siglas políticas ou competencias. Poñede o que poidades, pero é fundamental deixar de discutir. Se trata de sumar esforzos de todas as administracións. O propio sector fixo este plantexamento, que foi claro, para salvar o peche de autónomos e empresas na nosa provincia”.
    • Lamenta que hoxe non houbera un acordo unánime á reclamación dos hostaleiros para aprobar un fondo de axudas ao sector entre Xunta, deputacións e concellos, e que sexa xestionado pola administración galega. “É unha proposta seria e viable, pero sobre todo urxente. Ir en contra deste modelo é ir contra dos hostaleiros que piden unha única solicitude e un único expediente, e abaratar a solicitude”.
    • “Deixade de marear aos sectores económicos, digan dunha vez por todas se queredes habilitar axudas ou non. O único que estades facendo é boicotear todas as reunións que houbo esta semana co sector”.
    • “Hai unha verdade universal, levan catro meses sen tratar de ter a mínima vontade de repartir un só euro de orzamento, liquidación ou remanentes para os autónomos e pemes desta provincia. Ante a evidencia de que non é que non se poida, senón que non queren e ante a presión do propio sector, acceden a aportar o 1%, cando a vosa capacidade é moito maior”.
    • Cubela recordou que entre o primeiro plan (86 millóns) e o segundo (75 millóns), a Xunta xa puxo o 1,4% do seu orzamento en menos de tres meses, mentres que a Deputación de Pontevedra repartiu cero euros e o Goberno central cero euros tamén, “esa é a diferencia”.
    • Pero máis que de porcentaxes, engadiu, “aquí trátase de axudar á xente. Deputacións como a da Coruña e Ourense amosaron, a pesar da diferencia política, voluntade de chegar a consenso, mentres que a Deputación de Pontevedra só quixo entorpecer todo o que se presentaba desde a Xunta”.
    • Por iso, lamena que “vivan nada máis que na intriga política, conspirando para trazar estratéxicas políticas contra o Goberno galego”.
    • Por último, insistiu en que desde o Goberno provincial “escoiten ao sector, piden que non haxa confrontación, sen divisións, que todas as administracións sumemos. Queren un único expediente para non marear a quen hoxe ten o seu negocio afectado. Porque non é o mesmo pagar rápido que facer todo o procedemento previo”.