Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Alfonso Rueda recorda que a estabilidade no goberno trae froitos

    • Alerta das diferenzas entre os partidos chamados a negociar un goberno alternativo ao do Partido Popular de Galicia .
    • Puxo valor os investimentos por valor de 48 millóns que a Xunta fixo na comarca do Baixo Miño nos últimos catro anos.

     

    A Guarda, 15 de setembro de 2016.- O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Alfonso Rueda, recordou esta noite que a estabilidade no goberno trae os seus froitos porque só un Executivo forte e cohesionado é quen de sacar os proxectos adiante. Rueda fixo referencia ao que está a ocorrer na política nacional e deixou claro que el non quere un futuro así para Galicia, un futuro no que haxa parálise e bloqueo.

    Foi durante o mitin do Baixo Miño que os populares celebraron en A Guarda, e no que Alfonso Rueda estivo acompañado por outros membros da candidatura dos populares, como Valeriano Martínez,, Nava Castro ou a portavoz municipal, Conchi Ortega. O presidente provincial salientou que o Partido Popular conta cun equipo na provincia e en Galicia que combina experiencia e renovación, que acompañou á comunidade na súa saída da recesión e que quere seguir acompañándoa ata 2020, catro anos nos que a estabilidade é imprescindible para seguir crecendo.

    INVESTIMENTOS NA COMARCA

    Na súa intervención, Alfonso Rueda puxo en valor os investimentos que o goberno de Feijóo fixo nos últimos catro anos na comarca do Baixo Miño, e que ascenderon a 48 millóns de euros. Entre os proxectos realizados, resaltou a variante Tui-A Guarda, unha actuación estratéxica para a comarca. A súa continuidade seguirá sendo unha prioridade para os populares, xa que esta infraestrutura beneficiará aos case 40.000 habitantes dos concellos de Tomiño, O Rosal, A Guarda e Tui.

    Tamén aludiu á declaración do Camiño Portugués pola Costa. A ruta será incluída na Área de Rehabilitación Integral dos Camiños de Santiago. Deste xeito, desde A Guarda, pasando por Oia, Baiona, Nigrán e Vigo, poderán beneficiarse das axudas de rehabilitación do Programa Vivendas no Camiño.

    No que respecta á Guarda, Alfonso Rueda recordou que a Consellería de Presidencia da Xunta outorgou dúas axudas para concluír a rehabilitación da Casa dos Alonso Estas, unhas obras que supuxeron un investimento global de 1,4 millóns de euros, dos cales o 71% foi aportado pola administración autonómica.

    A reparación do dique de abrigo do peirao da Guarda, o convenio para mellorar a depuradora, melloras nos centros de ensino, o apoio ás políticas sociais e de emprego, ou a mellora da Praza de Abastos, foron outras das actuacións postas en valor polo candidato e presidente provincial.