Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Deputados e Senadores do PP de Pontevedra insisten en que o Goberno central aprobe un plan urxente de apoio á hostalería

    • Manteñen unha xuntanza de traballo telemático na que participou tamén Juan Constenla, que tomará posesión da súa acta o próximo mes.
    • Reclaman reducir o IVA turístico ao 4%, axudas directas para o sector e colaboración económica co Xacobeo 2021-2022.

     

    26, xaneiro, 21.- Deputados e senadores do Partido Popular de Pontevedra mantiveron hoxe unha xuntanza telemática para coordinar a labor do grupo, e na que aproveitaron para despedir e agradecer o traballo de María Ramallo, que a finais deste mes presenta a súa renuncia na cámara baixa, e dar a benvida a Juan Constenla que será quen lle dea relevo no Congreso.

    Durante o encontro, os populares priorizaron seguir demandando do Goberno central un plan urxente de apoio ao turismo e á hostelería. Así, din que fronte á subida xeneralizada de impostos do Goberno central ás clases medias e traballadoras, desde o PP ofrécense propostas para que se reduza o iva turístico ao 4%, que se aproben axudas directas para o sector e que reconsideren colaborar economicamente co Xacobeo 2021-2022.

    Nesta liña, consideran que o Goberno central ten que deixar de ser un espectador da crise sanitaria, económica e social que está padecendo todo o país, ten que asumir a súa responsabilidade e competencias e apostar por reactivar un dos sectores máis importantes do país e que máis está sufrindo os efectos negativos da pandemia. Desde o PP non só facemos propostas, sinalan, tamén tomamos medidas, e como exemplo destacan o plan do Goberno galego de apoio á hostelería, que garante 50 millóns de euros para o seu segundo Plan de Rescate a autónomos, microempresas e hostalería. Eses fondos súmanse aos 86,2 millóns da primeira convocatoria, co que serán en total case 140 millóns de euros en apenas 90 días.

    Ademais, deputados e senadores criticaron que o Goberno central renunciase á xestión da pandemia deixando toda a responsabilidade nas mans das comunidades autónomas, pero que cando lle reclaman que modifique o toque de queda priorice os seus intereses electorais en Cataluña. Hai unha deixación de funcións absoluta, critican, e é importante que non obstrúan o traballo dos gobernos autonómicos para afrontar esta loita tan complicada.