Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • “Queremos impulsar o sector comercial galego cara a excelencia mundial”

     Acto sectorial sobre o Comercio celebrado hoxe en Pontevedra con máis de trinta representantes da artesanía e dos mercados da nosa provincia

    • Nava Castro e Sol Vázquez destacan a necesidade de potenciar os mercados de abastos, “son as locomotoras do comercio”

     

    Pontevedra, 15 de setembro de 2016.- A candidata pola provincia de Pontevedra e Secretaria Xeral para o Turismo, Nava Castro, e a Directora Xeral de Comercio, Sol Vázquez, mantiveron hoxe un encontro cunha trintena de artesáns, persoal das prazas de abastos e representantes do comercio local da cidade e da provincia, co fin de facer balance dos logros acadados nos últimos anos e explicar a folla de ruta do PPdeG na vindeira lexislatura.

    “Queremos impulsar o sector comercial galego cara a excelencia mundial”, salientou Vázquez quen considera necesario escoitar aos colectivos implicados e traballar conxuntamente en medidas que permitan potenciar o noso comercio e a nosa artesanía. Neste sentido, Nava Castro recalcou “a nosa aposta por dinamizar os mercados excelentes para salientar a calidade dos nosos produtos. Así dos 103 mercados existentes, queremos converter polo menos 20 a esta categoría e lograr así ser referentes a nivel nacional”.

    A Xunta de Galicia leva destinados máis de 82 millóns de euros en beneficio do comercio de proximidade e as prazas de abastos, “fandendo fincapé nestas últimas, pois son as locomotoras do noso comercio”, destacou Castro quen lembrou que aínda quedan moitos retos por cumprir.

    “Imos seguir adiante coa dinamización dos centro comerciais abertos e aproveitar os baixos comerciais baleiros incentivando aos emprendedores”, destacou a candidata número 9 pola provincia de Pontevedra quen aposta por “impulsar tamén a nosa artesanía que permite falar de Galicia dun xeito diferente”.