Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Deputados do PP reúnense con representantes da Asociación Hoempo

    • Explicaron todas as iniciativas que está levando a cabo o grupo provincial para reclamar axudas directas da Deputación de Pontevedra a autónomos, pemes e hostaleiros.
    • Jorge Cubela pediu no último pleno a Carmela Silva que reciba e escoite as reclamacións deste colectivo.

     

    12, xaneiro, 2020.- Deputados do grupo provincial do Partido Popular de Pontevedra reuníronse onte pola tarde con representantes da asociación Hoempo para escoitar de primeira man a situación pola que están pasando os seus socios, e para explicar todas as iniciativas que o PP están realizando na Deputación de Pontevedra para seguir reclamando axudas directas da institución provincial para autónomos, pemes e hostaleiros, co obxectivo de paliar os importantes prexuízos que a crise está provocando nos seus negocios.

    O voceiro popular, Jorge Cubela, comprometeuse a seguir facendo “toda a forza posible” para que o Goberno provincial recapacite, “e deixe de ser a única Deputación galega sen repartir un só euro de axudas directas a un dos sectores máis prexudicados e estratéxico desta provincia”.

    Así, recordou que o PP defendeu hai uns meses no pleno provincial unha moción para que a Deputación aprobase un plan de axudas directas de 10 millóns de euros, seguindo o modelo da institución coruñesa, e volveron a insistir nesta proposta engadíndoa á emenda á totalidade que presentaron ao orzamento 2021. Por iso, di que “ante unha situación grave e excepcional, non pode pasar máis tempo sen que a Deputación de Pontevedra recapacite e se poña ao carón dos problemas reais desta provincia”.

    Ademais, Cubela dixo  que no pleno do venres fixo un rogo para que Carmela Silva reciba aos representantes da asociación e escoite o que lle teñen que dicir. “Non é de recibo que na súa marcha ata Madrid os recibísemos alcaldes de todas as cores políticas, e na Deputación de Pontevedra Carmela Silva continúe sen concertar unha entrevista con eles”.

    A proposta do PP para a Deputación de Pontevedra pasa por aprobar un plan de 10 millóns de euros que sexa específico para autónomos, pemes e hostalería, tomando como modelo o que xa está facendo a Deputación da Coruña, gobernada por PSOE. O obxectivo é axudar ao pago de gastos correntes e de funcionamento, como pode ser o aluguer, a luz, o teléfono ou a seguridade social. “Son momentos críticos e por iso desde o PP levamos meses reclamando un plan de axudas específico de 10 millóns de euros para autónomos e pemes porque hai ben de onde sacalos para axudar a un dos sectores que máis o precisan”. Ademais, din que nesta provincia estes negocios sofren un agravio comparativo co resto, xa que negocios da Coruña, Lugo e Ourense están recibindo axudas da Xunta e da Deputación provincial, mentres que en Pontevedra só reciben da Xunta.