Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O de PP de Silleda celebra a posición firme dos empresarios de Área 33 que propiciaron a rectificación do alcalde

     

    Silleda, 15 de setembro de 2016.- O Partido Popular de Silleda, celebra a posición firme dos empresarios de Área 33 que conseguiron a rectificación do alcalde, Manuel Cuíña, despois das mentiras, contradicións e de intentar ningunear aos empresarios.

    “Celebramos a rectificación do alcalde pero lamentamos, a súa actitude e que só actúe baixo presión. Menosprezou aos empresarios con mentiras, intentando apartarse de acordos firmes sen nin siquiera falar con eles, e negando algo coñecido por todos menos según parece polo propio alcalde, como é a existencia de outra parcela municipal no polígono”. 

    A especialidade do alcalde parece que é a mentira, e incluso se intenta poñer medallas dos investimentos que realizan outras administracións no concello, explica dende o Partido Popular. “As placas solares e as cámaras de videovixilancia por exemplo, instaláronse grazas ás subvencións da Consellería de Industria da Xunta de Galicia, polo tanto non foron investimentos propios do Concello, como o alcalde quere facer ver, por eso solicitamos que rectifique tamén neste punto, e aclare de onde viñeron os cartos investidos no Polígono de Silleda”.

    Dende o Partido Popular de Silleda espera que o alcalde “non intente darlle unha volta máis a este asunto” e falte á súa palabra e ao acordado cos empresarios desta volta, e que finalmente o proxecto dos empresarios siga adiante , e de unha vez por todas se atendan as reivindicacións dos empresarios en canto a mellora da limpeza do polígono empresarial, e a dotación de servizos e instalacións imprescindibles para o correcto desarrollo das actividades empresariais dentro do polígono.