Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP lamenta que PSOE e BNG rexeiten actuar nas pistas de atletismo de Cangas

    • “A situación do estado das pistas é de sobra coñecida, polo que é urxente que se actúe xa que é unha instalación referente para os clubes e deportistas do Morrazo e do resto da provincia”, defende Elena Estévez.

     

    08, xaneiro, 2021.- A deputada provincial do Partido Popular, Elena Estévez, lamentou hoxe que o Goberno Bipartito da Deputación de Pontevedra rexeite asinar un convenio de colaboración co Concello de Cangas e coa Xunta de Galicia para renovar o pavimento do Estadio Municipal de Atletismo e acometer as melloras necesarias.

    “O apoio e a colaboración entre administracións sempre é a mellor vía para sacar adiante estes proxectos e dar resposta ás demandas dos concellos, por iso resulta inexplicable o rexeitamento do Goberno por sistema”, sinalou.

    O grupo provincial popular defendeu hoxe unha moción na que se reclamaba o arranxo das pistas, dando resposta así ás reclamacións dos propios clubs de atletismo. “A situación do estado das pistas é de sobra coñecida, polo que é urxente que se actúe xa que é unha instalación referente para os clubes e deportistas do Morrazo e do resto da provincia”, engadiu a popular, que recordou que as pistas teñen importantes deficiencias no pavimento, o que dificulta os adestramentos e preparación dos atletas.

    Estévez recordou que o papel da Deputación de Pontevedra debe ser servir de apoio aos pequenos e medianos concellos da provincia, asegurando a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal. “Ten competencias e capacidade económica para asinar este convenio, e por iso desde o grupo provincial reclamamos un compromiso firme para renovar estas pistas”.

    Dixo, que “a Deputación sempre se caracterizou pola defensa do deporte e, principalmente, do deporte base. Por iso entendíamos que era necesario que se implicase no mantemento dunha infraestrutura que non só ten interese municipal, senón tamén comarcal e provincial dunha forma clara”.