Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP presenta na Deputación unha moción contra o agravio dos orzamentos xerais do Estado para a provincia

    • Sinalan que son os peores orzamentos dos últimos quince anos a pesar de ser unhas contas expansivas e nun momento especialmente delicado pola crise sanitaria.
    • “Son os peores orzamentos no peor momento posible, e por iso a Deputación ten que defender os intereses desta provincia e dos seus concellos”, destacan.

     

    4, xaneiro, 2020.- O grupo provincial do Partido Popular reclamará no pleno deste venres un mellor trato do Goberno central á provincia de Pontevedra. Así o sinala a voceira do grupo, Pepa Pardo, que defenderá unha moción para reivindicar que a institución provincial defenda á provincia fronte aos agravios producidos polo Goberno de Pedro Sánchez.

    Pardo sinala que o orzamento para 2021 é o peor dos últimos quince anos, xa que non só non traen ningún investimento novo para a provincia, senón que ademais deixa fóra moitos proxectos que estaban incluídos nos últimos orzamentos de Mariano Rajoy. “A crise provocada pola pandemia requiría uns orzamentos orientados a superar os efectos provocados nos ámbitos sanitarios, sociais e económicos. Deberían centrarse en protexer ás persoas e en reactivar a economía, pero aprobaron uns orzamentos ideolóxicos e poco útiles, con receitas que prexudican moito a Galicia e a esta provincia”, sinala.

    Polo tanto, e como “son os peores orzamentos no peor momento posible, a Deputación ten que defender os intereses desta provincia e dos seus concellos”. Como exemplos, Pepa Pardo indica que Pontevedra perderá competitividade porque as contas do Estado non inclúen axudas para o turismo; non reserva nin un só euro para o Xacobeo 2021, “o acontecemento cultural e turístico máis importante deste ano”; trae máis atrasos no AVE; e non hai unha aposta clara polo Corredor Atlántico de Mercancías.

    “O documento ten graves carencias. E ademais, rexeitáronse todas as emendas que os diferentes grupos políticos presentaron a favor de Galicia e de Pontevedra. Por iso, é preciso que o venres saia da Deputación unha fronte común para reclamar, como mínimo, que manteñan e executen todos os investimentos que estaban recollidos no documento anterior”. Proxectos como o nudo dos bombeiros ou novos tramos da circunvalación de Pontevedra; a dotación dunha unidade de prevención e reacción para dar servizo á comarca de Pontevedra; o itinerario peonil entre A Seca-Combarro, en Poio; un compromiso firme e real para a gratuidade da peaxe Vigo-Redondela que leva esperando dous anos;  as variantes da Estrada e de Ponteareas; etc.

    A maiores, desde o PP indican que neste orzamento tampouco se ten en conta aos concellos. “Había un acordo coa FEMP para ampliar o fondo para as entidades locais e dar resposta ao gran gasto extraordinario que tiveron que asumir pola COVID, pero ese compromiso non se recolleu no orzamento e tampouco se tivo en conta para os fondos europeos”, explican.