Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP pon á nova depuradora como exemplo do compromiso de Feijóo con Vigo

     A número 3, Teresa Egerique, visita a EDAR acompañada polo resto de membros da candidatura da cidade

    • O candidato Javier Dorado subliña que a aposta da Xunta por Vigo permitiu afrontar “a maior inversión en materia hidráulica da historia de Galicia”, que dará servizo a 800.000 habitantes
    • Egerique destaca que o día 25 “Vigo e Galicia deben elixir entre os feitos que reflicten o traballo de moitos anos ou a crispación e as palabras valeiras”

     

    Vigo, 15 de setembro de 2016.- A número 3 da candidatura popular, Teresa Egerique, acompañada polo resto de candidatos da cidade -Ignacio López-Chaves, Marián García, Javier Dorado e Marta Fernández Tapias- visitaron hoxe a EDAR do Lagares, pondo a esta infraestrutura como “exemplo do compromiso de Feijóo con Vigo”.

    Neste contexto, Dorado salientou que a aposta da Xunta pola cidade ten permitido afrontar, durante os últimos anos, “a maior inversión en materia hidráulica da historia de Galicia”. Un investimento, explicou, que prestará servizo, coa súa próxima posta en marcha, a arredor de 800.000 habitantes.  

    “O Partido Popular amosa o seu compromiso con feitos, cunha gran inversión pública decisiva para o saneamento da ría”, destacou Dorado. Deste xeito, proseguiu, a nova depuradora permitirá unha mellora substancial na calidade das augas da ría, co obxectivo de seguir a facer dela o gran motor turístico da comarca.

    “Esta é a nosa prioridade; unha prioridade que entendemos fundamental que siga durante os próximos anos, non só no saneamento da ría, senón tamén na súa potenciación e mellora”, incidiu.

    Neste sentido, Teresa Egerique subliñou a importancia do que se xogan Vigo e Galicia nos vindeiros comicios. “O próximo día 25 debemos elixir entre os feitos que reflicten o traballo realizado durante os últimos 8 anos, ou a crispación e as palabras valeiras que ofrecen os demais”, afondou.

    Así, a candidata popular avogou por aproveitar a última semana de campaña para continuar achegando aos vigueses o traballo feito como garantía de que “o Partido Popular é quen de seguir a dar os pasos adecuados para construír, xunto a todos os galegos, a Galicia que queremos para o 2020”.