Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O grupo provincial do PP pide que a Deputación aumente en 20 millóns de euros os fondos que destina aos concellos

    •  Ángel Moldes propón que destinen aos concellos os 9 millóns extra que recibiron da liquidación do Estado, e completen a cantidade restante con partidas xenéricas que están practicamente sen executar.
    • “Que teñan cando menos un reforzo económico para solucionar aquelas cuestións que os alcaldes contaban que este plan ía cubrir, porque finalmente a realidade foi outra ben diferente”, sinala.

     

    Pontevedra, 15 de setembro de 2016.- O grupo provincial do Partido Popular pedirá mañá no pleno da Deputación de Pontevedra que o goberno bipartito aumente en 20 millóns de euros o Plan Concellos, e para iso propoñen que destinen os preto de 9 millóns que van recibir extra da liquidación do Estado, e que a cantidade restante a completen con partidas xenéricas do orzamento provincial e que a estas alturas do ano están practicamente sen executar.

    Así o explicou esta mañá o voceiro dos populares, Ángel Moldes, acompañado polo deputado Luis Aragunde. Moldes recordou que os orzamentos do estado do ano 2014 contemplaron unhas achegas ás arcas provinciais de 153 millóns de euros, pero que finalmente esta cantidade se incrementará en 8,8 millóns de euros extra como resultado de que a recadación dos tributos procedentes do IRPF, IVE, impostos especiais sobre a cervexa ou labores de tabaco, entre outros, foron superiores aos previstos.

    Esta nova liquidación do Estado que a Deputación vai recibir estes días complementaríase, segundo a proposta do PP, “con partidas xenéricas que a día de hoxe están sen practicamente sen executar e que non se sabe que van facer con elas. Poden destinarse perfectamente para o Plan Concellos, que debería ser o protagonista do día a día desta casa”.

    Desta forma, defende Ángel Moldes, os concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes disporían de novo dos 60 millóns de euros que recibían do anterior goberno, e que con esta nova Deputación reducíronse a 40 millóns.

    “Que teñan cando menos un reforzo económico para solucionar aquelas cuestións que os alcaldes contaban que este plan concellos ía cubrir, porque finalmente a realidade foi outra ben diferente”.

    Ángel Moldes recordou que durante o pleno de investidura “presumían de que os alcaldes ían ser os protagonistas, pero a única reunión que tivo con eles neste catorce meses foi unha semana despois de ser presidenta e para facer a foto”, e apuntou que nese encontro non se falou de ningunha cifra nin de datos, só se dixo que se ía contar con eles. “Por iso nós pedimos que sexan coherentes”, engadiu.

    O deputado Luis Aragunde salientou que “esta é unha oportunidade para que subsanen o erro que levamos denunciando desde hai meses”. Neste senso, recorda que “a Deputación hoxe axuda menos aos concellos e colabora menos cos colectivos e coas entidades”.