Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP de Silleda solicita que se amplíe o prazo de exposición do proxecto da Rúa Progreso


    Silleda, 19 de novembro de 2020.- O Partido Popular de Silleda, solicita ao concello que amplíe o prazo de exposición do proxecto da Rúa Progreso, a fin de que os veciños podan coñecer o proxecto e opinar sobre a necesidade e a oportunidade de acometelo.

    Para os populares, a decisión do alcalde de expoñer o proxecto tan só durante dous días, e en horario de 10:30 a 15:00 horas, é unha mostra do oscurantismo co que se quere levar a cabo este proxecto, e impide que os veciños e comerciantes podan ter acceso a el.

    Para o voceiro do Partido Popular, Ignacio Maril, esta situación non é nada novo e ben a amosar a actitude que vén mantendo dende o inicio o alcalde. “Está claro que o alcalde intenta por todos os medios ocultar un proxecto que é trascendental para a vida de Silleda. Negou as reunións con veciños e comerciantes cando as solicitamos, dixo que o faría cando adxudicase o contrato e deixou pasar máis de dous meses ata que se esgotou o prazo para a presentación do proxecto por parte do adxudicatario para facer unha exposición do que vai a facer, e agora quere despachar a exposición do proxecto en dúas mañás nun horario que lle impide a moitos veciños e comerciantes achegarse para coñecelo e participar dando a súa opinión".

    O voceiro popular lamenta tamén a falla de transparencia e que o alcalde continúe sen dar a cara. “Poderán dicirnos o que queiran, pero unha vez máis a falla de transparencia é total, e o alcalde segue coa táctica da avestruz, seguir cara adiante co proxecto mentras agocha a cara para non escoitar aos veciños, igual que fixo co plan de mobilidade sustentable.
    E non é a primeira vez, lían á xente con participación cidadá, con consultas e despois fan o que queren. Ou que é o que pasou na Praza Juan Salgueiro? Despois dunha consulta popular de meses vendendo fume e de moitos anuncios en prensa, ao final fixeron o que quixeron. E aquí queren facer o mesmo".

    Os populares amosaron a súa preocupación ante como esta actuando o Alcalde con este proxecto. “Parece que non se dá conta da importancia que ten o proxecto, e non se pode andar enredando xa que ao final coas súas artimañas levamos perdidos dous meses que poderían haberse aproveitado para traballar, escoitar aos veciños e aclarar moitas dúbidas,
    como que é o que vai pasar durante o tempo que duran as obras ou coa perda de todas prazas de aparcamento que suporá a remodelación desta rúa. Todo este tempo pudo utilizarse para mellorar o proxecto, e polo capricho do alcalde agora é tempo perdido".

    Asimesmo informaron que están avaliando tanto o cumprimento do contrato de redación do proxecto, como o proxecto en sí, xa que dende o Concello non se lle dou traslado do mesmo e tiveron que coñecelo, como o resto de veciños, a través do proceso de exposición pública, e nos próximos días faran a súa avaliación do mesmo.