Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP pide ao Tripartito que garanta a accesibilidade nas obras da Rúa Costa de Abaixo en Combarro

    •  Preguntaron este martes que medidas ten pensado tomar o goberno local ante a problemática xurdida nas obras de reforma e acondicionamento da Rua Costa de Abaixo en Combarro.
    • Angel Moldes fai seguimento dende hai días dos problemas que está xerando as citadas obras para a veciñanza e particularmente para un veciño do lugar con mobilidade reducida, que é a única vía posible da que dispón para sair do seu fogar en cadeira de rodas: “Queremos expresar o noso apoio a Gonzalo e á súa familia e solicitamos se solucione está situación o antes posible”

     

    18 de novembro de 2020. Os representantes do PP de Poio na comisión de urbanismo preguntaron este martes ao Goberno local sobre a problemática existente coas obras de reforma que se están a realizar na Rúa Costa de Abaixo, en Combarro e que paradoxicamente están xerando máis problemas para a accesibilidade dos residentes e especialmente dun veciño con mobilidade reducida.

     “Queremos expresar o noso apoio a Gonzalo e á súa familia e solicitamos se solucione está situación o antes posible”, explicou Moldes: “o que é inaceptable é que unha obra de acondionamento impida a circulación dun veciño con mobilidade reducida”.

    Moldes, que visitou a zona recentemente en varias ocasións e abordou a problemática de primeira man cos residentes, lamentou a actitude do goberno local, por non considerar unha prioridade a accesibilidade de todos os veciños e o problema desta familia: “Cónstanos que acudiron boa parte dos técnicos e concelleiros da área a ver a obra e non entendemos que non consideren unha prioridade garantir que este veciño entre e saia da súa casa coa súa cadeira eléctrica, como viña facendo ata agora”.

    O popular recordou que as Administracións están obrigadas a cumprir a normativa vixente de accesibilidade e a velar sempre pola mobilidade nos espazos públicos e institucionais, como xa pediu este grupo municipal, e ainda máis se dese espazo son usuarios persoas vulnerables e cunha gran dependencia como é o caso.