Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PARTIDO POPULAR DENUNCIA O INCUMPRIMENTO DE MEDIDAS NA REAPERTURA DO PARQUE JUAN SALGUEIRO

    Silleda, 12 de novembro de 2020. O Partido Popular de Silleda calificou de inaceptable o acto de reapertura do Parque da Praza Juan Salgueiro trala sustitución dos xogos infantis.

    Os populares criticaron duramente que dende o Concello se programase un acto sen cumplir coas medidas mínimas de seguridade e utilizando os rapaces nun claro acto de carácter político, durante as horas lectivas.

    A pesares de estar convidados a reapertura do parque da Praza Juan Salgueiro, os populares o ver o formato do acto decidiron, por responsabilidade, non participar na súa celebración.

    Para o voceiro do Partido Popular este e un claro acto de miseria política por parte do Alcalde, e de deslealdade institucional, “O que se informou e que sería un acto pequeo con dous ou tres concelleiros, e con representación da Xunta que cofinanciaba a obra. Sen embargo cando chegamos vimos o despliegue de medios e a unha aula completa dun colexio de Silleda, o que nos pareceu totalmente inadecuado, ademáis de pola utilización dos escolares, pola situación na que nos atopamos. ¿Cómo se pode explicar que os rapaces non podan estar cos seus tíos ou os seus avós se non son convivintes e sin embargo podan acudir a un acto de inauguración co Alcalde e os seus concelleiros?, ¿Cómo se pode facer un acto con máis de trinta persoas, xogando sen manter distancias de seguridade e despois manter negocios pechados? Para nos e un auténtico sinsentido perpretado polo Alcalde e o seu grupo, dando unha imaxe de irresponsabilidade lamentable, que supon unha tomadura de pelo para todoles silledenses que cumpren as medidas.”

    Os populares preguntáronse tamén pola urxencia de levar a cabo esta inauguración, “Realmente non vemos a urxencia para facer este acto de reapertura do Parque da Praza Juan Salgueiro, sabemos que o Alcalde precisa limpar a súa imaxe despois dos últimos acontecementos, pero ¿Era tan importante facer as fotos xogando cos rapaces que non podía agardar un par de semanas para facelo?. Para nos o acto xa era cuestionable  de por sí, pero tal e como se fixo resulta totalmente inaceptable.”

    O voceiro do Partido Popular Ignacio Maril, recordulle ademáis o señor Cuíña que “Non todo vale en política, e o que fixo hoxe o Alcalde ven a darnos unha mostra máis das miserias do señor Manuel Cuíña que e capaz de usar os rapaces ou a quen sexa con tal de facela foto. Xa llo dixemos varias veces pero parece que non ten límites, e o de hoxe e unha boa mostra delo, que dende o Partido Popular de Silleda non vamos a tolerar, por eso lle esiximos que de forma inmediata pida disculpas públicamente a todolos silledenses polo lamentable espectáculo que ofreceu esta mañan.”