Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP de Poio solicita que se axilizan os tramites para que se faga efectivo o desconto na basura do primeiro confinamento aos negocios pechados

     

    • Os populares denuncian que o tripartito segue sen descontar nin bonificar o recibo de basura do primeiro confinamento para todos aqueles autónomos e negocios que acreditaron o peche dos seus establecementos.
    • «Non poden anunciar que volverán a bonificar o recibo da basura cando aínda non descontaron nin un so euro do primeiro confinamento», denuncia o concelleiro Sergio Pereira.
    • Os populares inciden en que os autónomos de Poio non viven de anuncios senón de realidades e afirman que seguramente eses cartos lle virían moi ben nestes difíciles momentos.
    • «A día de hoxe nin un só negocio de Poio e ningún autónomo beneficiouse de ningún desconto nin rebaixa de impostos do tripartito», conclúe Pereira.

     

    Poio, 13 de novembro de 2020. Os populares denuncian que o tripartito segue sen descontar nin bonificar o recibo de basura do primeiro confinamento para todos aqueles autónomos e negocios que acreditaron o peche dos seus establecementos.

    «Non poden anunciar que volverán a bonificar o recibo da basura cando aínda non descontaron nin un so euro do primeiro confinamento», denuncia o concelleiro Sergio Pereira.

    Os populares inciden en que os autónomos de Poio non viven de anuncios senón de realidades e afirman que seguramente eses cartos lle virían moi ben nestes difíciles momentos.

    «Teñen que ser un pouco coherentes e o que non poden pedir a outras administracións que sexan áxiles nas subvencións e axudas e despois eles tardar tantos meses en bonificar o recibo da basura do primeiro confinamento», denuncia Pereira.

    «A día de hoxe nin un só negocio de Poio e ningún autónomo beneficiouse de ningún desconto nin rebaixa de impostos do tripartito», conclúe Pereira.