Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Rueda destaca o papel importante do Partido Popular na Deputación de Pontevedra

    • Destaca a presencia permanente dos deputados nos diferentes concellos, que permite trasladar á institución os problemas e inquedanzas reais dos veciños da provincia.

     

    15, outubro, 20.- O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, mantivo onte unha reunión de traballo con deputados provinciais do partido para, amais de valorar a actividade diaria do grupo, estar perfectamente coordinados entre a sede provincial e os deputados para darlle unha óptica de partido á situación actual da institución provincial.

    Alfonso Rueda destacou o papel importante do Partido Popular na Deputación de Pontevedra, con propostas claras e fundamentais que defenden unha idea clara do que debe ser a provincia. Así, puxo en valor a presencia e comunicación constante cos concellos, principalmente cos pequenos e medianos, para escoitar de primeira man cales son as súas preocupacións. “Esa presencia e comunicación constante nos diferentes concellos, cos veciños, permite que na Deputación de Pontevedra se fale dos problemas e inquedanzas reais de toda a provincia, e por iso é fundamental que o sigan facendo”, defende. Nesta liña, puxo como exemplo o traballo feito para reclamar a liberación dos remanentes locais.

    Nesta liña, recorda que o PP é o único partido da corporación que ten deputados en todos os partidos xudiciais da provincia, “por iso son a voz que representa sen excepción e por igual a todos os concellos”.

    Por último, Rueda pediu que os deputados populares continúen “traballando co mesmo compromiso e dedicación porque temos por diante meses complicados, que precisan do esforzo e compromiso de todos”.