Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O Comité de Dereitos e Garantías do PP nacional ratifica a expulsión do partido do alcalde de Meaño

    14, outubro, 20.- O Comité de Dereitos e Garantías do Partido Popular nacional resolveu desestimar as alegacións que presentou o alcalde de Meaño, Carlos Viéitez, e confirma así a súa expulsión do PP por considerar que é autor de dúas infraccións moi graves, por manifesta deslealdade cara o partido e por desobediencia ás instrucións dos órganos de goberno do partido.

    A resolución do Comité de Dereitos e Garantías nacional engade que as instrucións e directrices dos órganos de dirección do PP de Pontevedra eran claras e queda acreditado, nas alegacións de Viéitez, que incumpre unha directriz -presentar unha candidatura a vocal da mancomunidade por parte do PP de Meaño- encamiñada a preservar unha política provincial coordinada que vela polos intereses xerais.

    O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, sinala que “o PP conta cuns estatutos claros e comúns para todos os seus cargos e militantes, e un principio básico do PP é non votar contra os teus propios compañeiros nos órganos de goberno. E cando se incumpren estes principios, pasan estas cousas. Non se pode diferenciar entre militantes de primeira e de segunda”.

    Nesta liña, recorda que “Carlos Viéitez presentou as súas alegacións e finalmente Madrid resolveu, para ratificar o que xa dixo o comité de dereitos e garantías do PPdeG, a súa expulsión do PP”.

    Con todo, engade, “o PP sigue moi presente en Meaño, cunha xestora que está traballando desde hai un ano xa”, e puxo en valor o importante resultado que os populares conseguiron neste concello nas eleccións autonómicas.