Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP traslada o malestar dos veciños de Campelo, que “se senten enganados polos Tres Alcaldes”

    • O PP de Poio preguntará que pasou coa praza que prometeron na presentación do proxecto: “Non sabemos si foi por unha cuestión técnica ou de presuposto pero o que esta claro que non ten nada que ver o que prometeron co que executaron”.
    • Os populares recordan que Concello e Deputación fixeron propaganda con infografías da praza da Granxa peatonalizada, con bancos, árbores e outras melloras que non aparecen por ningún sitio.
    • Nati Torres advirte tamén que veciños e negocios de Campelo seguen moi preocupados pola falta de estacionamento en varias zonas e pide unha solución “antes de que remate a obra das beirarrúas” como fan outros concellos.

     

    Poio, 14 de outubro de 2020. O grupo municipal do PP de Poio trasladará ao Goberno Local, nos próximos días, o malestar dos veciños de Campelo que “se senten enganados” polos incumprimentos do Concello en relación á obra das beirarrúas.

    Nati Torres levará á Comisión de Urbanismo as preguntas de veciños da zona polas diferenzas entre o anunciado por Concello e Deputación e o estado actual das obras, como as infografías presentadas en setembro de 2018 -hai dous anos- dunha praza da Granxa peatonalizada, con bancos, árbores e outras melloras “que agora non aparecen por ningún sitio”, e presentou unha comparativa entre a infografía e a situación real da zona, con diferenzas evidentes que provocan a inquedanza dos veciños: “Non sabemos si foi por unha cuestión técnica ou de presuposto pero o que esta claro que non ten nada que ver o que prometeron co que executaron”.

    OS VECIÑOS E NEGOCIOS DE CAMPELO TAMÉN DEMANDAN UNHA SOLUCIÓN PARA O ESTACIONAMENTO

    Os populares insistirán tamén na preocupación de veciños e negocios de Campelo pola falta de estacionamento en varias zonas, e pedirán que se dea unha solución “antes de que remate a obra das beirarrúas”.

    Torres recorda que o feito de non ter prazas de estacionamento xa supoñía un serio problema para veciños e negocios de Campelo antes de comezar as obras das beirarrúas e por iso unha vez finalizadas estas obras pode suceder que algúns negocios como bares e restaurantes teñan que cerrar ou os veciños que non dispoñen de garaxe non teñan onde estacionar os seus vehículos, subliñando que actualmente xa está a haber problemas de aparcamento nos arredores da Praza da Granxa e outros lugares, o  que existe un gran número de negocios.

    Para os populares, unha alternativa sería comprar, arrendar ou conseguir a cesión de parcelas de particulares, tal como fan numerosos concellos da contorna, para non perder as prazas que desaparecerán coas beirarrúas: “O que non poden facer os 3 Alcaldes e seguir de brazos cruzados”.