Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP critica “a chapuza” que a Deputación está facendo na EP-2901, entre Cesantes, O Vixo e Alxán, en Redondela

    • Din que a obra non garante a seguridade dos veciños, que era o que populares e usuarios reclamaron, senón que están poñendo remendos que obrigan aos peóns a cruzar dunha beiravía a outra.

     

    14, outubro, 20.- Os deputados do grupo provincial do Partido Popular, Carmen Amoedo e Jorge Cubela, visitaron, xunto cos veciños da zona, “as obras chapuza” que o Goberno provincial está facendo na EP-2901, entre Cesantes, O Vixo e Alxán, en Redondela.

    Os populares compartiron o enfado dos veciños, “xa que esta obra non garante para nada a súa seguridade. Ao contrario, o único que fan é tapar as cunetas cun cemento malo e, ademais, non se fai en todo o percorrido, obrigando a que os peóns teñan que ir cruzando dunha beiravía a outra en zonas nas que non hai pasos de peóns proxectados”.

    Nesta liña, inciden en que estas non son as medidas de seguridade que reclamaron populares e veciños ao Concello de Redondela e á Deputación de Pontevedra a principios de ano, en sendas mocións que pedían expresamente máis medidas de seguridade e construción de beirarrúas. “Isto é un mal parche, porque  140.000 euros de orzamentos son insuficientes para un tramo tan longo, de aproximadamente dous quilómetros, o que supón unha diminución na calidade dos materiais e na obra que se está facendo”, engade Amoedo.

    Por último, recordan que por estes dous quilómetros de estrada circula tráfico moi pesado, e hai zonas moi perigosas nas ou ben non existe beiravía ou remata nunhas cunetas con moita altura, nas que xa máis de un veciño caeu provocándolle lesións de consideración. As únicas beirarrúas que hai están no entorno da Igrexa e, ademais, non cumpren en accesibilidade.