Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP de Pontevedra promove unha campaña de recollida de sinaturas contra a okupación ilegal en toda a provincia

     

    O Partido Popular de Pontevedra ten en marcha unha campaña de recollida de sinaturas contra a okupación ilegal en toda a provincia. As persoas que queiran, xa poden firmar en todas as sedes locais do partido. 
    Ademais, o sábado a deputada nacional María Ramallo e a senadora Pilar Rojo estiveron recollendo apoios na Praza da Peregrina, xunto a concelleiros e outros cargos locais do partido.
    Este fin de semana tamén se colocarán mesas en Vigo e Vilagarcía de Arousa. 
    O documento recolle a demanda de que a ocupación con violencia se castigue con penas de cárcere de 1 a 3 anos e a incitación a cometer este delito con penas de 3 meses a 1 ano, así como que os okupas non se poidan empadroar en vivendas nas que se atopan ilegalmente.