Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP lamenta o tempo perdido na Deputación coa implantación do teletraballo

    • Cubela recorda que esta medida xa podería estar funcionando si PSOE e BNG apoiasen en xaneiro a proposta dos populares, que xa se aplicaba noutras institucións provinciais, locais e autonómicas.
    • Sinala que o tempo demostrou que tanto o teletraballo como o voto telemático que reclamou o PP na Deputación a principios de ano, e que atoparon a oposición do Goberno, convertéronse en fundamentais.

     

    12, outubro, 20.- O grupo provincial do Partido Popular aplaude o cambio de criterio do Bipartito da Deputación de Pontevedra para agora si, poñer en marcha o teletraballo, unha medida que reclamaron os populares a principios deste ano nunha moción que contaba co apoio dos representantes sindicais e que se atopou co rexeitamento dos dous grupos de goberno. Con todo, o voceiro do PP, Jorge Cubela, lamenta o tempo perdido, porque agora estaríamos falando de que a implantación do teletraballo sería xa unha realidade.

    Para o deputado popular, este cambio de criterio no Bipartito PSOE-BNG demostra que moitas das iniciativas que presentan os populares na Deputación de Pontevedra son rexeitada polo mero feito de que son propostas que saen do PP, por interese partidista e sen reflexionar si son positivas e necesarias. “Este Bipartito votou en contra da implantación do voto telemático na Deputación e do teletraballo, dúas cuestións que meses despois, e coa crise sanitaria, se demostrou que eran fundamentais”.

    Por iso, non entenden ese triunfalismo de Carmela Silva ao anunciar a posta en marcha do teletraballo na Deputación de Pontevedra. “Chegan tarde, equivocáronse en xaneiro ao votar en contra do que reclamaba o PP e tamén os sindicatos desta casa, que xa o incluíron nas súas alegacións aos orzamentos de 2020”, sinala. Nesta liña, di que “hai que ser máis humildes e si non se quere recoñecer os erros, polo menos non falar de ser unha institución pioneira”. Recorda así, que xa son moitas as deputacións provinciais, concellos e tamén autonómicas, como o caso da Xunta de Galicia, que xa levan tempo funcionando co teletraballo.