Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP de Silleda denuncia o Concello por non limpar as parcelas municipais

    Silleda, 23 de setembro de 2020.- O Partido Popular de Silleda ven de denunciar o Concello por non limpar a maleza das súas parcelas, concretamente da parcela que se encontra pegada a Escola de Musica e o Colexio público.

    Dous meses despois de solicitar que se acometera a limpeza de esta parcela, e ante a deixadez do goberno municipal, o Partido Popular finalmente veuse obrigado a denunciar o Concello para que acometa de xeito inmediato a limpeza desta parcela.

    O portavoz do Partido Popular valorou esta situación tras formalizar a interposición da denuncia esta mañan “Resulta lamentable que teñamos que chegar ata este extremo. Non é de recibo que o Concello manteña as súas parcelas sin limpar mentras obriga os veciños a que fagan a limpeza das súas parcelas, e aínda menos que dous meses despois dende que puxemos de manifesto a situación na que se encontraba a parcela, sigan sen facer nada a pesar dos gravisismos feitos que xa aconteceron este ano no nos Concello.”.

    Ignacio Maril suliñou ademáis que esta parcela se encontra nunha ubicación moi delicada, “Estamos a falar dunha parcela que se encontra enfrente o colexio público, e pegada a rede de calor, a escola de música e dunha queixeria, e moi preto das instalación municipais deportivas así como de edificios de vivendas, polo que e unha zona con moita acitividade e na que estan boa parte do día moitos rapaces pequenos, polo que o risco en caso de incendio e máximo, polo que non podemos entender que o Concello non extreme as precaucións nesta parcela.”

    Dende as filas populares sinalaron tamén que “Non lle estamos pedindo nada extraordinario o Alcalde e o concelleiro de medio ambiente Klaus Brey que e  o responsable,  o único que lle pedimos e que cumpran coa lei que eles mesmos lle exisen os veciños que cumplan, aínda que xa sabemos que deben pensar que o de cumplir as leis non vai con eles, senon non se entende que aínda non fixeran nada. Pedimoslle fai dous meses que acometerán a limpeza deste punto e reiteramosllo semanas despois, pero por desgraza non quixeron facer caso e non nos deixaron outra alternativa.”

    Finalmente Ignacio Maril rematou apuntando que “Ó señor Cuíña e ó señor Klaus Brey neste Concello acabouselle facer o que queiran, poden ser o Alcalde ou un Concelleiro, pero non estan por enriba da lei nin vamos a permitir que lle tomen máis o pelo o silledenses.”