Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP FARÁ TODO O QUE ESTEA NA SÚA MAN PARA DEFENDER O PATRIMONIO DOS VECIÑOS E VECIÑAS DE BUDIÑO E DE TODO O TERMO MUNICIPAL 

    • Tras consentir que a Comunidade de Montes de Budiño se faga coa titularidade de varias parcelas municipais onde se ubican os centros culturais e o campo de fútbol de Budiño, o Goberno Municipal pretende que sexan os veciños os que carguen cos gastos de mantemento e subministro para poder facer uso dos mesmos
    • Os populares exercerán as medidas legais oportunas para defender os bens da veciñanza do Porriño e recuperar as instalacións que foron construidas polo Concello do Porriño e polos veciños de Budiño

     

    O Porriño, 23 de setembro de 2020.- O portavoz do PP no Porriño, Alejandro Lorenzo, anunciou hoxe que o grupo popular fará todo o que esté na súa man, a nivel legal e administrativo, para revertir o atraco a man armada do Goberno Municipal aos veciños e veciñas de Budiño e, en xeral, a toda a veciñanza do municipio.

    Refírese o voceiro ao CONSENTIMENTO do Goberno Local á clasificación como terreos veciñais en man común de varias parcelas e inmobles de titularidade municipal na parroquia de Budiño, nos que se atopan os centros culturais e sociais e o campo de fútbol.

    O 26 de marzo do 2019 o Xurado Provincial de Montes otorgou á Comunidade de Montes de Budiño a titularidade destas parcelas resolvendo a reclamación dos comuneiros despois de que o Concello do Porriño non presentara alegación algunha en defensa dos seus bens.  Nin os grupos da corporación nin a veciñanza do Porriño foi informada destes feitos. Unha vez coñecida a resolución, o PP, ademais de requerir o expediente completo e os correspondentes informes dos técnicos, pediu a revisión de oficio deste acto para dar opción, por segunda vez, a que o Concello se personara para defender a titularidade municipal destes terreos, cousa que non aconteceu. Tamén se mobilizaron as asociacións veciñais e culturais da parroquia que, respaldados en multitude de firmas da veciñanza de Budiño solicitaron ao Concello que reivindicara estes terreos e infraestruturas,  sen obter solución algunha.

    "Como se pode consentir que o Concello asuma os argumentos do presidente da comunidade que asegura que foi a comunidade montes quen construíu e mantivo estas instalacións cando foron os propios veciños e o Concello?", cuestiona Alejandro Lorenzo.

    "O Goberno Municipal, pese a ser coñecedor da súa ineludible obriga de protexer o seu patrimonio, decide non defender os bens que o integran. Un feito moi grave do que deberán dar conta onde corresponde", explica o concelleiro.

    Convenio de Cesión

    Non conforme con ter regalado parte importante do patrimonio dos veciños, a coalición propón ao pleno a formalización dun convenio de cesión de uso destas instalacións para que o Concello do Porriño se faga cargo dos gastos de conservación, mantemento, obras en instalacións, gastos de auga, luz e impostos destas parcelas, que cabe destacar, figuran no inventario municipal.

    "A afrenta ao pobo do Porriño non ten precedentes. Non só regalan o patrimonio dos veciños senón que pretenden que sexan os veciños quen pague as cargas e obrigas propias do que eles recoñecen como titular para poder facer uso dos seus centros culturais, campo de fútbol...", continúa Lorenzo, puntualizando que a proposta chega a pleno pese ao informe DESFAVORABLE da secretaría municipal.

    E é que o informe do técnico é moi contundente, advertindo,  entre outras cuestións,  que "os encargados non presentaron alegacións nin medios de proba en defensa da EVIDENTE titularidade municipal de varios dos inmobles reclamados" polo que se debe considerar que se trata dun "acto firma e CONSENTIDO por non ser recurrido en tempo e forma".

    Advirte tamén da "responsablidade dos corporativos na defensa do patrimonio da institución que representan e para cuia defensa foron elexidos pola cidadanía".

    "Como é posible que o Goberno Municipal e o concelleiro de deportes pretendan asumir os gastos do mantemento, por exemplo, do campo de fútbol cando o Concello leva invertido máis de 400.000 euros nesas instalacións?, conclúe Lorenzo, "Tal e como fai constar a secretaría a defensa do patrimonio municipal é un deber para os corporativos, non unha opción".

    Respaldo ás asociacións afectadas

    O PP do Porriño quixo amosar tamén o seu absoluto respaldo ás asociacións afectadas da parroquia: Centro Recreativo Cultural de Mosteiro, Centro Social e Cultural "A Cruz-Budiño", Asociación Cultural A Lagoa de Orbenlle, Asociación de Veciños "A Tapada" de Cerquido e Club de Fútbol San Salvador de Budiño.

    A veciñanza está a defender o seu patrimonio, xa que a documentación presentada polo presidente da Comunidade de Montes de Budiño para reclamar a titularidade destas parcelas falta á verdade.

    "Os centros culturais que representan estas asociacións foron construidos polo Concello do Porriño e polos veciños de Budiño quenes tamén levaron a cabo o seu mantemento, tal e como se acredita na documentación", afirma Alejandro Lorenzo, "En ningún caso foi a Comunidade de Montes como reza na documentación presentada pola comunidade: `A construción destes equipamentos foi realizada pola comunidade de montes, que tamén realiza o mantemento actual dos mesmos´".

    Cabe destacar que o Concello do Porriño posúe no seu Inventario Municipal a marioría das citadas parcelas. Así mesmo, nelas sitúanse Centros Culturais e/ou Deportivos (coas correspondentes placas que conmemoran os executores das obras -  Concello do Porriño e os seus veciños- así como as datas de inauguración das instalacións).

    O mantemento destas instalacións culturais e deportivas sempre foi realizado polo  Concello do Porriño e polos veciños da parroquia de Budiño, e que poden ser utilizadas por calquera veciño do municipio. Nelas, o Concello realizou numerosas obras, valéndose de subvencións solicitadas a outras administracións, nas que se esixe certificación de titularidade municipal do Secretario Municipal. Tamén destacar que, existiu polo prazo de 4 anos contrato de cesión, acordada en Pleno Municipal,  dun Centro Cultural entre o  Concello do Porriño (titular do ben) e a Asociación Cultural.

    "Hai probas documentais suficientes para acreditar que estes bens son municipais e que pertencen aos veciños", conclúe Lorenzo.