Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O Partido Popular considera un insulto os veciños a retirada das papeleras do Polígono para evitar a súa limpeza

    Silleda, 21 de setembro de 2020.- O Partido Popular de Silleda, criticou que ante a petición de manter as papeleiras do Polígono nun estado adecuado de limpeza, o Concello en  vez de asumir as súas responsabilidades tomara a decisión de retiralas.

    A retirada destas papeleiras xa motivou que aparecera basura tirada nas inmediacións dos lugares onde estaban instaladas, e supón un problema para tódolos camioneiros e os demáis profesionais que acuden diariamente o polígono.

    Para o voceiro do Partido Popular, Ignacio Maril, esta situación e unha mostra máis de como actúa o goberno municipal, “Non pode ser que a solución que tome o Concello cando se denuncia o mal funcionamento dun servizo sexa elimínalo como sucedeu nesta ocasión, e o único que demostra e que este goberno e absolutamente incapaz de asumir as súas obrigacións, que e darlle unhos servicios adecuados a todolos veciños e os empresarios e comerciantes.”

    O voceiro criticou ademáis a actitude do Concelleiro de Servizos, Klaus Brey e do Alcalde como responsable máximo do Concello “A xente non merece este tipo de actuacións por parte do goberno municipal, xa sabíamos das limitadas capacidades do concelleiro de servizos Klaus Brey cando non lle interesa a pesar de      que cobra puntualmente todolos meses dos impostos dos silledenses, pero o que acaba de facer co visto bo do señor Cuíña, máis semella un mal chiste de Pepe Gotera e Otilio, ou calquer outro par de chanfonetas, que a actuación sería dun Alcalde e Concelleiro de Servizos que cobran por un traballo que como se ve non son capaces de facer. O único que lle pedimos e un pouco de respeto os veciños, e se non queren traballar que se marchen.”

    Dende as filas populares insistiron novamente na necesidad de crear unha brigada municipal de limpeza que se faga cargo da limpeza, desinfección e mantemento das zonas públicas a fin de poder mantelas nun estado axeitado de limpeza, e que reclamaron que se repoñan de xeito inmediato as papeleiras no polígono industrial.