Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Deputados e senadores do PP recordan que esta semana é crucial para o futuro da industria da provincia que está na franxa marítimo-terrestre

    • Tramítase e debátese no Congreso a Lei de Cambio Climático, na que o PP reclama a eliminación dos apartados 3 e 4 do artigo 18.
    • “Neste momento tan delicado non podemos permitirnos queimar un sector produtivo que en Galicia e na nosa provincia é fundamental”, destaca Diego Gago.
    • Tamén se referiron á ocupación das vivendas, “un problema en crecemento e que nos preocupa porque está xerando medo e impotencia nos propietarios”.

     

    21, setembro, 20.- Deputados e Senadores do PP de Pontevedra mantiveron esta mañá unha reunión de traballo na cidade para analizar dous temas importantes para a provincia, como é a Lei de Cambio Climático e como afecta ao sector mar-industria dos concellos pontevedreses, así como da Proposición de Lei Orgánica do PP contra a ocupación ilegal.

    No primeiro caso, os deputados María Ramallo e Diego Gago, e a senadora Pilar Rojo, salientaron que esta semana é crucial para as empresas da provincia localizadas na franxa marítimo-terrestre xa que se tramita e debate a Lei de Cambio Climático no Congreso. Por iso, desde o PP, Diego Gago, que é voceiro na comisión de cambio climático, destacou que a posición do PP é clara ao respecto, para pedir ao Goberno que retire os puntos 3 e 4 do artigo 18, que afectan ao futuro destas empresas “co único obxectivo de soster toda a industria que está na franxa marítimo-terrestre, que é fundamental para a economía da nosa provincia”. Ademais, recordou que a día de hoxe non existe ningunha outra proposta presentada de xeito oficial.

    “Neste momento tan delicado non podemos permitirnos queimar un sector produtivo que en Galicia e na nosa provincia é fundamental”, destaca Gago, que recorda que durante os últimos meses mantiveron reunións cos diferentes sectores afectados.

    Outra das cuestións que preocupan aos deputados e senadores do PP é a ocupación das vivendas, “un problema en crecemento”, e por iso adiantaron que os populares xa rexistraron no Congreso unha Proposición de Lei Orgánica contra a ocupación ilegal. “É un problema en crecemento e que nos preocupa, porque está xerando medo e impotencia en moitos propietarios, que investiron os seus aforros e fixeron un sacrificio moi grande e que agora ven como as persoas que okupan as súas casas, aínda por riba, se están empadroando nelas para poder recibir axudas municipais”, denuncia María Ramallo.

    A proposición de Lei do PP sinala, entre outras cuestións, que o okupa non goce do dereito á protección do domicilio como ata o de agora, e que deberá demostrar que ten un titulo xurídico que lle permite vivir no domicilio ou, do contrario, desaloxar a vivenda en 12 horas; que non poida empadronarse na vivenda ocupada; ou que as persoas xurídicas tamén poida pedir o desaloxo de unha vivenda okupada.