Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP PREGUNTA ONDE ESTÁ “O NOVO PXOM DESAPARECIDO” DESDE 2008

    • Rocío Cochón denuncia que, pese a ser un dos acordos do pacto de goberno dos 3 Alcaldes, “non están a facer nada para sacar adiante o novo Plan Xeral, que aínda non pasou por ningunha comisión nin se amosou un papel despois de 12 anos e 400.000 euros gastados”.
    • A falta de avances causou prexuízos a veciños e empresas e fixo perder investimentos, subvencións, postos de traballo, equipamentos, estacionamento, e solucións para numerosos problemas urbanísticos, en gran medida creados e agravados polos sucesivos gobernos locais.
    • O PP denuncia a hipocrisía de Silvia Díaz que en 2018 votou a favor dunha moción do PP axilizar a tramitación e poñelo a disposición dos veciños e os grupos e agora despois de conseguir chegar ao goberno, se olvidou.: “Prometía transparencia e o primeiro que fixo foi seguir escondendo o PXOM”
    • Por moito que lle moleste aos 3 Alcaldes, o PP vai seguir loitando para que a transparencia chegue a cada recuncho do concello, e por que haxa un PXOM transparente e participativo pensado para toda a veciñanza e non «un documento para satisfacer a petición e os intereses de catro amigos»

     

    Poio, 21 de setembro de 2020. A concelleira do PP Rocío Cochón lamentou este luns a situación na que nos atopamos co novo Plan Xeral de Ordenación «que acabará por chamarse “o desaparecido”», tras constatar que despois de ano e medio do pacto de goberno no que a aprobación do novo PXOM era unha prioridade, hoxe seguimos igual  «cun documento desaparecido que despois de 10 anos non pasou por ningunha sola comisión de urbanismo».

    Cochón recordou que a modificación do PXOM leva 12 anos anos sen saír adiante e acumula un gasto de máis de 400.000 euros «aos que habería que engadirlles o custo da pésima xestión urbanística destes anos e as consecuencias económicas da paralización do PXOM», como as subvencións perdidas, os custos dos procedementos xudiciais por ocupación ilegal de parcelas e outros, oportunidades empresariais e sociais botadas a perder, entre outras.

    «Nestes anos houbo numerosos veciños que desistiron despois de agardar para poder facer casa en Poio e moitos marcharon para outros concellos. Tamén empresas que consultaron para instalarse, por exemplo, en terreos xunto á PO-308, ou que non investiron por non haber un PXOM adaptado, ou tantos veciños que esperan un novo documento para poder construir unha casa», subliñou Cochón. «Ademais, co novo plan xeral habería a posibilidade de crear prazas de estacionamento, novos equipamentos, e poderíanse solucionar moitos problemas urbanísticos do noso concello creados e agravados pola pésima xestión urbanística dos últimos anos».

    A popular resaltou que un dos eixos do pacto de goberno asinado entre Luciano Sobral, Chelo Besada e Silvia Díaz era precisamente “impulsar o novo PXOM”, pero que despois de ano e medio aínda non fixeron absolutamente nada, ironizando que «se non fixeron nada na anterior lexislatura que tiñan un concelleiro de urbanismo a dedicación exclusiva; neste mandato que está a soldo doutra administración, dudo que lle poida adicar máis tempo».

    Ademais, á incapacidade para sacar adiante o PXOM se une a falta absoluta de transparencia e a ausencia de información. «Nestes anos aínda non pasou un papel por comisión de urbanismo, nin se amosou un só documento aos veciños ou á oposición, que teñen que ocultar para non querer que se coñeza un só papel?».

    Cochón lamentou ademais a hipocrisía de Silvia Díaz, que en xuño de 2018, cando era concelleira non adscrita, votou a favor dunha moción do PP “para a axilidade, a transparencia e a participación veciñal na tramitación do PXOM”, nun pleno no que acusou ao BNG e ao PSOE, esixíndolles que “amosasen a documentación”, e recalcou que agora Silvia, naturalmente, está calada porque o único que lle importaba era chegar ao goberno e solucionar os seus propios problemas, e non os dos veciños de Poio: “Prometía transparencia e o primeiro que fixo foi seguir escondendo o PXOM”

    Por último, Cochón destacou que cos 3 alcaldes “nada cambiou a mellor. Os problemas de Poio son os mesmos ou peores cada ano simplemente agora temos máis soldos, mais asesores pero os mesmos incumplimentos e seguimos sen dar respostas aos problemas de Poio”.

    Cochón advertiu que “dende o PP de Poio solicitamos a posta a disposición inmediata do novo PXOM para que o coñezan veciños e os seus representantes”, e  resaltou que, “por moito que lle fastidie ao Tripartirto, seguiremos pelexando por que a transparencia chegue dunha vez a todos os recunchos do Concello de Poio, incluído o urbanismo”, e destacou que os populares traballarán por “un PXOM transparente e participativo pensado para toda a veciñanza; non queremos un documento para satisfacer a petición ou os intereses de 4 amigos”.