Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Jorge Cubela censura as declaracións “tremendamente irresponsables” de Carmela Silva

    • Entende que detrás hai un interese político, “porque dubidamos que ela considere que sexa de axuda crear esta desconfianza e medo entre a cidadanía”.
    • Contrapón a actitude de Silva coa que demostrou o grupo provincial do PP cara o goberno provincial desde marzo.

     

    19, setembro, 20.- O voceiro do grupo provincial do Partido Popular, Jorge Cubela, censura as últimas declaracións de Carmela Silva sobre os datos da COVID na provincia. Considera que “esta acusación é de unha irresponsabilidade tremenda, que só deixa claro o uso partidista e interesado que quere facer desta pandemia”.

    Por iso, Cubela quere saber “que intereses se esconden detrás destas declaracións tan graves, porque dubidamos que ela considere que sexa de axuda crear esta desconfianza e medo entre a cidadanía en medio da crise sanitaria, ou si, pola contra, atende a outros intereses políticos, a unha campaña interna de Silva para liderar o socialismo galego”.

    En calquera caso, sinala o voceiro popular, “lamentamos esta actitude. Parece que para si mesma non aplica esa lealdade institucional que pedía, porque desde logo con estas declaracións a presidenta da Deputación non está á altura”.

    Así, contrapón a actitude de Silva coa que demostrou o grupo provincial do PP coa xestión do Goberno provincial desde marzo, que a pesar de que a Deputación estivo totalmente desaparecida durante a pandemia, apoiou e respectou as decisións que o Bipartito tomou aínda que, en moitas ocasións, non as compartía. “Pero nesta crise sanitaria, a cidadanía quere que sumemos, que estemos á altura da circunstancias, e non que confrontemos politicamente”.