Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP de Cuntis reclama a modificación da taxa do lixo, que supera  no doble ou triple a outros concellos do contorno

    • Denuncian que os recibos do 2019 incrementaron un 200 e 300%, e incluso máis, con respecto a exercicios anteriores.
    • Consideran necesario facer unha análise do custe real do servizo e confrontar eses datos cos importes recadados.

     

    Cuntis, 17, setembro, 20.- O Partido Popular de Cuntis reclama a modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de recollida, transporte e tratamento de residuos urbanos, xa que, denuncian, no último ano os recibos incrementáronse entre un 200 e 300%, e incluso nalgún caso máis. As taxas do lixo en Cuntis, engaden, superan no doble ou triple a concellos do contorno.

    O malestar e as queixas de veciños e diferentes colectivos por esas subidas, levou aos populares de Cuntis a analizar en profundidade a ordenanza aprobada en 2018, e a presentar unha moción para debater no próximo pleno municipal. Piden ao Goberno local que comprobe que os tributos ingresados sexan coherentes e non superen o custe real do servizo, tal e como marca a Lei, e por iso consideran necesario facer unha análise do custe real que tivo o servizo en 2019 e confrontar eses datos cos recibos recadados aos veciños.

    Ademais, entenden que as tarifas deben ser proporcionadas, en base ao principio de “quen mais lixo xera,  máis paga”., e que os establecementos e actividades profesionais deben pagar de acorde coa cantidade de residuos producida e cos custes que xera a súa xestión, e non pola superficie ou magnitude das súas instalacións, condición que xa se lles grava con outros impostos.