Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP de Pontevedra pide ao Goberno central que busque solucións para que os concellos poidan gastar os seus aforros

    • Rueda presidiu o primeiro comité de dirección provincial do novo curso político.
    • Entende que Abel Caballero deberá explicar nalgún momento por que non defendeu os intereses dos concellos e por que mentiu ao dicir que non había outra solución para os remanentes que a súa incautación.

     

    17, setembro, 20.- O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, reclama ao Goberno central que poña xa solucións enriba da mesa para que os concellos poidan gastar os seus aforros. Foi durante o primeiro comité de dirección provincial do novo curso político, no que destacou que é  urxente que busquen solucións, que as hai, para que as entidades locais dispoñan duns recursos que son fundamentais para dar resposta ás necesidades dos seus veciños.

    Nesta liña, Rueda dixo que para moitos concellos utilizar os aforros que conseguiron grazas á súa boa xestión nos últimos anos é unha solución moi importante para dar resposta a todos os gastos extraordinarios aos que teñen que facer fronte pola COVID.  Por iso, insistiu, é fundamental que esa decisión a tomen de xeito inmediato.

    Ademais, subliñou que Abel Caballero deberá explicar nalgún momento por que, como presidente da FEMP, non defendeu os intereses dos concellos en lugar de someterse ao seu partido para apoiar un real decreto que non gustaba a ninguén máis que ao PSOE, e por que mentiu insistentemente dicindo que non había máis alternativa para usar os remanentes que a súa incautación. Está claro, engadiu, que si había outra saída diferente, e por iso debe asumir a súa responsabilidade.